RESERVA DE PRAZA PARA O ALUMANDO DE 6º DE ED. PRIMARIA QUE VAI CURSAR 1º DA ESO NO CURSO 2024/25

O prazo de presentación de solicitudes comprende entre os días 15 de xaneiro e o 5 de febreiro de 2024 (ambos incluídos).

Pódese facer a reserva a través da aplicación informática admisionalumando

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

ou de maneira presencial cubrindo o anexo I e entregándoo no centro educativo.

Anexo I en galego                        Anexo I en castelán

Poden consultar máis información en:

Normativa de aplicación:

  • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_gl.html
  • ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html