Luthiers de 5º e 6º

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria do Castelao exerceu de luthier e neste trimestre fabricamos instrumentos musicais con materiais de refugallo. Parabéns a todas e todos e ás familias que colaboraron na realización deste traballo.