A bitácora de cuarto

XORNADA PRIMEIROS AUXILIOS - PROTECCIÓN CIVIL

O pasado 20 de marzo, o alumnado de 4º EP, tivo a oportunadade de ter unha sesión de formación sobre PRIMEIROS AUXILIOS, impartida por dous voluntarios de Protección Civil. Achegáronse ao noso centro para poder formar a todos os nenos e nenas do centro sobre un tema tan importante e tan necesario.

O GATO CON BOTAS

O pasado venres 2 de febreiro, o alumnado de 3º e 4º de EP, achegouse ao Auditorio de Galicia, para ver a repersentación da obra O Gato con Botas. Unha proposta da compañía de monicreques Perpoc, acompañada pola música da Real Filharmonía de Galicia e os debuxos da ilustradora rusa Alexandra Semenova.

 

 

Foi unha experiencia moi agradable, enriquecedora e divertida, que en máis dunha ocasión provocou as risas e a admiración dos nenos e nenas que presenciaban a actuación.

VISITA AOS MUSEOS DOMUS E MUNCYT DA CORUÑA

O pasado xoves 25 de xaneiro, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria realizamos unha visita aos museos da cidade da Coruña. Achegámonos primeiro á DOMUS (Casa do Home) e despois, ao MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía). En cada un deles, puidemos desfrutar das súas salas de exposicións e experimentar coas propostas que nos amosaron.

Botádelle unha ollada á galería de fotos e poderedes ver o ben que o pasamos! Preme na foto para acceder:

 

XORNADA SOBRE REANIMACIÓN CARDIOPULMONAR (RCP)

O pasado 13 de decembro, o alumnado de 4º EP participou nunha xornada sobre RCP (Reanimación Cardiopulmonar), que foi impartida por persoal do Hospital HM Rosaleda de Santiago de Compostela. Nela tiveron a oportunidade de aprender nocións básicas sobre primeiros auxilios, por exemplo como reaccionar cando unha persoa padece un episodio de atragoamento, practicándolle a manobra de Heimlich.

Para acceder á galería de fotos, preme sobre a foto:

 

Foi unha charla didáctica e moi instrutiva.

VISITA CITIUS

O pasado 24 de novembro, os alumnos e as alumnas de 4º e 5º de Primaria, achegámonos ao Campus da USC para visitar un dos seus centros de investigación, en concreto, O Centro Singular de Investigacións en Tecnoloxías Intelixentes (CITIUS). Recibiunos na entrada do centro o seu director, Senén Barro e seguidamente pasamos a gozar das actividades que nos tiñan preparadas, para darnos a coñecer unha boa chea dos campos nos que están a traballar.

Na galería de fotos podedes comprobar o ben que o pasamos!

 

CONTOS TERRORÍFICOS

Neste tempo de Samaín, o alumnado de 4º de Primaria participou nun obradoiro de escritura, recreando historias cheas de intriga e emoción, que nos fixeron sentir medo a máis dun. Pero remataron cun final feliz, que se traduciu nunha sonora risada e unha morea de aplausos.

PREPARÁNDONOS PARA O MAGOSTO

As alumnas e os alumnos de 4º de Primaria decidimos prepararnos para o magosto facendo unha cesta na que poder recoller as castañas asadas para comelas. 

Para facelas partimos de materiais de refugallo, en concreto bricks de leite, que decoramos con folios de cores e debuxos do froito do outono. A que quedaron chulas?

 

O PEQUENO NICOLÁS

O pasado xoves 9 de novembro, o alumnado de 4º EP, tivemos a oportunidade de gozar dunha sesión de cine na sala Numax. Vimos a película O Pequeno Nicolás. Pasámolo moi ben puidendo coñecer un pouco máis a biografía dos creadores do perxonaxe animado.

 

XORNADA DE EDUCACIÓN VIAL

O luns 11 de outubro, tivemos a oportunidade de asistir a unha charla informativa sobre a educación vial. Grazas a ela puidemos aprender, da man dun policía local do concello de Santiago de Compostela, como deben moverse por unha cidade e polas vías interurbanas como peóns.

 

Finalmente, ensinounos o seu coche oficial e todo o material que a Policía Local nexesita para as súas intervencións. Foi unha charla realmente didáctica e amena. O alumnado amosou moito interese. 

 


 

Moitísimas grazas á Policía Local de Santiago por prestarse a este tipo de actividades divulgativas.

Powered by Drupal - Design by artinet