Continuando coa proposta do curso pasado, puxemos en marcha de novo O taboleiro da lingua.
Nesta ocasión decidimos dar un pasiño máis e enviamos a nosa proposta ao ¨Dígocho eu¨ da TVG, sónavos?
Mirade....
Para iso pedímoslles a Carme e Diana se nos botaban unha man, de xeito que explicasen en que consistía o noso taboleiro.
Agardamos ter sorte e recibir a visita de Esther Estévez para poder gravar con ela un capítulo, e que nos poida ensinar moitas palabriñas novas coas que xogar.