Skip to Content

Novas

Actualidade do centro

Novo programa de radioooooo

Novo programa de radio BesoSorriso. Preme no link disfruta e aprende 

 

 

 

 

https://www.ivoox.com/menu-libros-vente-rapaza-audios-mp3_rf_85580384_1....

Casariana e as ecomerendas

Coñeces Casas?

Somos Casás

#SOMOSCASAS Lembrades o ano pasado todo o traballo que realizou a nosa Comunidade Educativa do CEIP de Casás polo Día do cancro Infantil? Pois aquí vos deixamos un fermoso video creado por David Alonso Garzon. Mil grazas, sodes grandes.

Novas sobre a 2ª Avaliación.

Segundo as instruccións  da Consellería de Educación, nos vindeiros días levarase a cabo a avaliación do 2º trimestre.  Efectuarase coa información dispoñible a día 12 de marzo (data da interrupción das clases presenciais).

Estas cualificacións danse nunhas circunstancias excepcionais que fai que nalgunhas materias non se teña completado o proceso avaliativo, polo que deberá recurrirse a outro tipo de criterios como traballos entregados, aproveitamento en clase, ... establecidos polos titores/as.

Lembrámoslles que a Avaliación é Continua, cumprindo as avaliacións intermedias unha función informativa para as familias.

Así mesmo, indicámoslles que teñen a súa disposición o servizo de Abalar Móbil para recibir notificacións no seu dispositivo electrónico, as cualificacións e outra información académica relativa ao alumnado.

É un bo momento para que instaledes dita app aquelas familias que ainda non a tedes (app store/google play).

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil

 

                            Un saúdo e moito ánimo para todos.

                                                     O equipo directivo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut