Skip to Content

Novas sobre a 2ª Avaliación.

Segundo as instruccións  da Consellería de Educación, nos vindeiros días levarase a cabo a avaliación do 2º trimestre.  Efectuarase coa información dispoñible a día 12 de marzo (data da interrupción das clases presenciais).

Estas cualificacións danse nunhas circunstancias excepcionais que fai que nalgunhas materias non se teña completado o proceso avaliativo, polo que deberá recurrirse a outro tipo de criterios como traballos entregados, aproveitamento en clase, ... establecidos polos titores/as.

Lembrámoslles que a Avaliación é Continua, cumprindo as avaliacións intermedias unha función informativa para as familias.

Así mesmo, indicámoslles que teñen a súa disposición o servizo de Abalar Móbil para recibir notificacións no seu dispositivo electrónico, as cualificacións e outra información académica relativa ao alumnado.

É un bo momento para que instaledes dita app aquelas familias que ainda non a tedes (app store/google play).

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil

 

                            Un saúdo e moito ánimo para todos.

                                                     O equipo directivo.

 



story | by Dr. Radut