Skip to Content

Dependencias

DEPENDENCIAS

O C.E.I.P. CASÁS de Lugo está situado no barrio do seu nome, nunha zona periférica da cidade de Lugo, detrás do antigo Hospital Xeral do Sergas. O recinto escolar está pechado cun muro que sería desexable fora máis alto para evitar o fácil acceso mesmo coas portas pechadas.

 Instalacións do Colexio.

 Edificio principal: Construcción de dous andares. No andar baixo atópanse:

             Vivenda da conserxe: (Non foi solicitada por esta) en moi mal estado de conservación. Parte dela emprégase como almacén da cociña e de mobiliario sobrante ou en mal estado. Nun cuarto desta vivenda está emprazada a sede da A.P.A. .

               Área administrativa: Dirección, Secretaría, Xefatura de Estudios, Conserxería, un pequeno almacén-arquivo e servicios hixiénicos de mulleres e homes.

             .Cociña, despensa e comedor escolar cun servicio hixiénico para o persoal da cociña.

            .Sa de profesorado. .Seis aulas con capacidade para 25 alumnos/as, que neste curso están ocupadas polos seguintes grupos:

       - Seis grupos de Educación Infantil.

       - As aulas reseñadas anteriormente contan con servicios dentro delas.

       - Unha aula utilizada tamén para actividades de E. Primaria

       - Departamento de Orientación.

       - Dous bloques de servicios de nenos/nenas adaptados para alumnos/as con minusvalías.

       - Fronte á entrada principal hai un elevador para escolares con deficiencias motorices.

 A planta alta deste edificio distribúese da seguinte maneira:

      - Oito aulas con capacidade para 25 alumnos/as:

     - Dous grupos de 1º curso do 1º Ciclo de Primaria

     - Dous grupos de 2º curso do 1º Ciclo de Primaria

     - Dous grupos de 1º curso do 2º Ciclo de Primaria

     - Un grupo de 2º curso do 2º Ciclo de Primaria

     - Un grupo de 1º curso do  3º Ciclo de Primaria

     - Un grupo de 2º curso do 3º Ciclo de Primaria

     - Un grupo de autismo

     - Aula de Inglés

     - Aula de Relixión Evanxélica (Instalada nunha titoría)

     - A biblioteca 

     - Aula de Informática

     - Laboratorio e aula de manualidades

     - 1 Aula de P.T. (Instalada nunha titoría)

     - Dous bloques de servicios de alumnos/as.

     - Dous servicios de profesores/as.

     - Un pequeno almacén de material didáctico.

    - Un pequeno despacho para Educación Física.

    - Nas cabeceiras do corredor habilitáronse dúas titorías para 2º e 3º ciclos.

 Tanto a Biblioteca como a Aula de Informática dispoñen de porta blindada e sistema de alarma, así como de rellas nas ventás. A Aula de Informática ten unha instalación eléctrica axeitado ó caso.

 O edificio principal está protexido por rellas no andar baixo e un sistema de alarma con células fotoeléctricas ós dous andares e a cociña

. Edificio anexo:

 Edificio dun so andar situado fronte ó principal. Na parte dereita está o ximnasio. Comunícase por medio dun beiril co novo aulario no que se atopan os servicios que son utilizados polos escolares no tempo de lecer Na parte esquerda deste edificio hai un Aula que se utiliza para actividades extraescolares e reunións relacionadas coas actividades da A.P.A.. Na parte posterior de esta atópase a Aula de Música.

. Novo aulario

Edificio construído no curso 87/88 no espacio ocupado anteriormente por un soportal cuberto, está situado fronte ó terceiro módulo do edificio principal. Consta de dous andares. O andar baixo dispón dun soportal cuberto. Dentro do edificio atopamos unha zona de servicios e vestiarios con duchas para alumnos e alumnas, con saída ó patio, e unha sa de caldeiras da calefacción. Hai tamén unha pequena sa con servicios hixiénicos que é empregada pola profesora de A.L. para traballar cos alumnos/as con N.E.E.

 No andar alto atópanse catro aulas agora inutilizadas.

 Edificio de Educación Infantil

 Edificio dun so andar está situado detrás da pista cuberta. Só ten dúas aulas, Neste edificio hai unha sa de caldeiras de calefacción con porta independente, unha pequena titoría e os correspondentes servicios hixiénicos. Ten na súa entrada un soportal cuberto. Este edificio ten unha soa porta, e rellas nas ventás, polo que segundo os informes técnicos que ven facendo Sanidade nos últimos anos, non reúne as condicións de seguridade necesarias. Empréganse como aulas de Educación Infantil.

Pista Polideportiva

O Colexio conta con dúas pistas polideportivas situadas entre o edificio principal e o parvulario. Unha delas está cuberta e pechada na súa totalidade e conta con iluminación eléctrica. . Anexo a ésta hai un almacén para material deportivo que tamén precisa dunha urxente reparación que reiteradamente foi solicitada ó concello no curso pasado. Detrás ten un soportal cuberto.

 Horto Escolar É un espacio pechado e acondicionado duns 70 m2, situado entre o Novo Aulario e o peche sur do recinto. Nel está instalada a caseta meteorolóxica.

 Zonas verdes, xardíns, aparcadoiros e patios de recreo.

 Conta o colexio cunha zona verde e árbores na entrada pola rúa Orquídea, onde están soterrados os tanques de propano para a cociña e gasóleo para a calefacción. O resto do espacio está dedicado a aparcadoiro de coches para o persoal do Colexio.

Por detrás do Edificio Principal discorre unha vía de acceso á cociña e á pista Polideportiva, bordeada na vertente norte cun taludo con árbores de grande porte. Nas dúas entradas do Edificio Principal hai zonas verdes .

 O patio de recreo atópase situado detrás da pista cuberta. Nel habilitouse un campo de Fútbol-7 e un patio pechado para E.Infantil con xogos. Entre o edificio principal e a pista cuberta hai outra pista con cancha de baloncesto.

Distribuir contido


by Dr. Radut