Skip to Content

COVID, Xogar, Transporte

Agora en Facebook

Primeiro creamos a nosa web coa intención de informar, facilitar o acceso a documentos do centro, e tras moitos anos de web, demos un paso adiante para a comunicación coas familias coa posta en marcha para o noso centro do Espazo Abalar, ferramenta dos servizos da Consellería que garante a protección dos nosos datos.

Outros centros empregan sistemas de mensaxería, whassapp, etc. que supoñen a cesión de datos a terceiros para funcionar e ademais cremos que poden resultar perigosos se non se extreman as precaucións no seu uso.

Pero, durante este curso, coa posta en funcionamento de ABALAR MÓBIL a través de Espazo Abalar, decatámonos de que non é suficiente xa que moitos mensaxes non son lidas, e tampouco temos constancia de que a nosa web sexa consultada habitualmente (a mensaxe enviada sobre a suspensión da actividade de Ler na Rúa foi lida somentes por 64 de de 168 usuarios de ABALAR MÓBIL)

Por iso demos un paso adiante, e a pesares de que Facebook supón un risco pola cesión de datos, animámonos a crear unha páxina onde ir pondo información de novidades na nosa páxina, onde difundir aquelas novidades que non requiran dun especial coidado na protección de datos, pero que poida chegar a parte da comunidade educativa que fai uso habitual desta rede social.

Así contamos con outro medio de difusión que esperamos que poida chegar a gran parte da comunidade educativa.

Aproveitaremos tamén para difundir información sobre aspectos xerais de educación ou que poidan ser de interese aínda non estando enfocadas á educación.

Non esperedes imaxes nin videos dos actos do centro, a menos que neles  se identifique ao alumnado, pois unha das nosas prioridades é a protección da imaxe do noso alumnado.

Non pretendemos que sexa un punto de debate tampouco, pois o centro dispón de canles para elo, como son o seo do Consello Escolar cos representantes dos pais e nais, as titorías e mesmo as horas de disposición do Equipo Directivo.

Sabemos que non chegaremos a todos e todas, pero esperamos que pouco a pouco entre esta páxina de Facebook, a web do centro e Abalar Móbil todos e todas esteades debidamente informados.

 

Buscádenos como páxina CEIP de Carnota

Semana europea da prevención de residuos - 2018

Facémonos eco da proposta de SOGAMA sobre a Semana Europea da Prevención de Residuos para esta semana.

Podedes acceder á información clicando neste link.

Parécenos moi interesante para tratar na familia o anexo que trata sobre o consumo: Manual Reducir e Sumar (clica para descargar)

Tamén aporta un recetario de cociña para aproveitar as sobras, nun ficheiro en pdf máis pesado que podedes descargar desde a páxina de Sogama.

Quieto parado

As normas e a seguridade, normas de seguridade

 

Normas...?

Que sería de nós sen normas?, imaxina que non existise o código de circulación que son as normas que regulan a circulación de vehículos polas estradas...

...moitas normas?

Poida que teñamos normas de máis, normas para conducir, normas no colexio, normas para cando vás á praia, normas cando viaxas en tren ou avión, normas e máis normas...

 

E onde vai a nosa liberdade?

 

e, para que as normas?...

Imaxina que queres facer o que che peta. Estaria guai.

Sería moi divertido...

Non as necesitamos

Pero si o que está ao teu lado decide facer tamén o que lle peta e iso consiste en quitarche as túas cousas, iso estaría guai?, non?, e logo?.

A claro, así facer o que che peta so mola si o fas ti, pero que cho fagan a ti non mola.

Pois para iso hai normas.

...ou si?

Somos moitos e para que poidamos vivir xuntos necesitamos normas para como comportarnos, para circular polas rúas ou polas estradas en coche, para ir ver unha peli ao cinema. Normas, e aínda por riba, alguén vai ter que facer de garda para que os demais e tamén nós cumplamos as normas.

 

Vaia lío. Pero temos que recoñecer, que habendo normas nos sentimos máis seguros.

Cumpramos as normas...

Respectando as normas respectámonos entre nós.
Respectaranche os teus dereitos, a ti, aos que ti queres e tamén ao que é teu.
Si todos cumprimos as normas estaremos mellor e máis seguros.

 Unha norma que vale para case todo...

Non lle fagas aos demais o que non che gustaría que che fixeran a ti.

Empezamos a traballar as normas?...

Seguridade en Internet na Familia

No presente curso centrámonos na SEGURIDADE,  como proxecto do centro. Engadimos aquí algúns videos con titoriais sobre distintos riscos de Internet e recomendacións da Axencia Española de Protección de Datos que cremos poden sernos de axuda.

Título e Link ao video Descripción da temática
HABLEMOS DE LAS NUEVAS TECNOLOGÍAS Unha introdución ao mundo das novas tecnoloxías
LA PRIVACIDAD EN INTERNET Qué entendemos por privacidade en Internet
CONSTRUYENDO CONTRASEÑAS SEGURAS Como constuir contrasinais seguras

¿QUÉ HACEN NUESTROS MENORES EN INTERNET?

Que é a amizade en Internet.
ORFANDAD DIGITAL Non os deixemos sós
FUENTES DEL PELIGRO Y CONTROL PARENTAL Perigos e control parental
ACOSO ESCOLAR Y SU TIPOLOGÍA Ciberacoso
DEPREDADORES EN INTERNET Modus operandi do ciberacosador
PROTEGE A TUS HIJOS EN INTERNET Como protexer
OUTROS RECURSOS (LINKS DE INTERESE)
INSTITUtO NACIONAL DE CIBERSEGURIDAD Recursos para pais e máis
   
   
   

AS LAPARADAS DE MARTE

           As laparadas de marte

Esta obra é espectacular.

Cando Lois empezou a pintar, a pintura de mans estendéuse polo cadro é parecían algas de lume, entón representan as laparadas. Como as cores son vermellas, laranxas e amarelas pareceunos ao planeta Marte.

A pintura amarela estendeuse cara a baixo e como acababa en un circulo un pouco aberto ao final parecía un paxaro de lume, "un fénix de lume ". Esta cor tamén ten uns puntiños na obra que representan as chispas que saen das laparadas.

                                                  Radio Carnota

 

 

 

NATUREZA EN PRIMAVEIRA

Neste cadro , o autor , quere transmitir unha sensación de relax. Esta mezcla de cores fainos sentir alegría pero os tonos oscuros dannos a sensación de tristeza

Este cadro fainos ver unha pranta votando os seus primeiros brotes,de aí o seu nome .

A primaveira ten bastante  relación coa natureza e o autor captou a esencia desta estación a perfección.

 

GALIZA POR DIANTE

Un artista especial

 

 

Un pintor especial

O ARTISTA

Lois A. é o noso compañeiro desde Educación Infantil.

 

É alegre e simpático, un gran compañeiro único e especial, que non pode falar con nós.

 

É diferente e exprésase con xestos e sons pero tamén cunha pintura creativa, abstracta e única.

 

É un gran pintor.

 

É fantástico.

 A SÚA OBRA

Os cadros de Lois A. son diferentes, están feitos dunha maneira moi especial, són únicos, propios dalguén con moito talento.

Para nós os seus cadros xa teñen un valor especial e algún día será un artista recoñecido porque é inigualable.

Debería haber exposicións e salas de exposición nos museos e galerías de arte para as obras de artístas especiais como é o noso compañeiro.

 

 

UN DÍA DA NAI MOI ESPECIAL

Autor: Lois Agulleiro

Curso: 2015-2016

Este cadro chámase así porque ten unhas cores moi cálidas e tamén, porque o autor quérelle expresar o seu cariño a súa nai a través do cadro poñendo:

                                          "Feliz día mamá."         

             

            

                                                         Equipo: A voz dos carnotáns

Perdido no bosque das nubes violetas

 

 

 

   As súas cores violetas adéntranche nun bosque eterno onde é moi fácil  perderse, parece que o redor do bosque hai varios canles . É un cadro con moita emoción.

                                                                     

 



        AUTOR:Lois Agulleiro Lestón 

Carnota Time. 

LABERINTO DE SOMBRAS

Autor: Lois Agulleiro

Este cadro parece un laberinto de sombras. As pinceladas de color violeta, unhas por enriba de outras transpórtanche a un laberinto, onde e moi difícil escapar. Tamén hai unha mezcla de cores escuras que se asemellan as sombras.

                                                      El mundo

 

ATARDECER NO BOSQUE

 Autor

Título 

Lois Agulleiro Lestón

 

Atardecer No Bosque

 Descripción

 

Este fermoso cadro representa o fín dun día: a cor  vermella representa o sol do atardecer ,a cor negra representa a sombra no bosque e o verde é o bosque.

 

EQUIPO

Que pasa en Carnota

Subida á Laxe Escrita

Petroglifo da Laxe Escrita

Moi preto do noso colexio, partindo mesmo de diante del, temos unha sinxela ruta que nos leva a un dos mellores petroglifos da comarca.

petroglifo1 



Ver Laxe escrita en un mapa más grande

Video sobre actividades

Adxuntamos unha pequena montaxe sobre as actividades feitas neste curso 2009/2010 no centro, en formato AVI para descargar.

Podes visionalo aquí

 

 

Entroido 2010

09/02/2010 00:55
15/02/2010 00:55
Etc/GMT+1

Xa está aquí o entroido outra vez. Este ano centrámonos no AGRO, e o venres 12, se o tempo e as autoridades o permiten, teremos o pasarrúas de costume.

 

Aquelas 2008-2009

Actividades do curso 2008-2009

Peonza No San Martiño, peóns ao camiño

Máis información no blog do centro 

Distribuir contido


by Dr. Radut