5º EP

Educación Física en 5º- 6º

Dentro da aula de Educación Física con 1º-2º

Álbum: PVDA: A Saínza en movemento -> Educación Física en 5º e 6º de EP

DAFIS

O noso centro educativo está a implementar un PLAN DE VIDA ACTIVA E SAUDABLE, enmarcado no Plan PROXECTA, orientado a toda a comunidade educativa, incluíndo as familias. Como centro, somos conscientes de que a actividade física e a adopción dun estilo de vida activa por parte da nosa comunidade educativa é unha das claves para garantir unha mellor calidade de vida, desde a infancia ata a vellez. A práctica regular de exercicio físico en nenos/as e adolescentes é un factor clave na prevención e no tratamento do sobrepeso, da obesidade, das enfermidades cardiovasculares, de alteracións psicolóxicas, e a evidencia científica comeza a demostrar que os nenos e nenas fisicamente activos renden mellor academicamente. Por iso pretendemos implantar, dentro da filosofía do centro, o valor de que somos un centro activo e saudable.

Un dos aspectos fundamentais para poder avaliar cada ano como este PLAN DE VIDA ACTIVA E SAUDABLE  mellora a saúde é o de medir o nivel de condición física de cada alumo/a, mediante a valoración de aquelas cualidades físicas e psicomotoras que permiten coñecer e facer o seguimento do seu estado físico, decidir cales son os aspectos que precisan mellorar e deseñar actuacións adaptadas ás súas necesidades.

Por este motivo, o centro ven de integrase na PLATAFORMA D.A.F.I.S. (Datos de Actividade Física Saudable) de Galicia, unha iniciativa da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a través da Fundación Deporte Galego, incluída dentro do Plan de Fomento de Actividade Física “Galicia Saudable”, e recoñecida no ano 2018 pola Organización Mundial da Saúde - Europa (OMS) como boa práctica para implantar en todos os países do marco europeo.

Na PLATAFORMA D.A.F.I.S. recóllense unha serie de medidas antropométricas e resultados de probas físicas que se realizan nas clases de Educación Física, e das as familias recibirán un informe cos resultados do seu fillo/a, que inclúe a comparativa cos resultados obtidos para o seu grupo de sexo e idade e a evolución da súa condición física e que pode consultar en www.dafis.xunta.es. O tratamento destes datos é confidencial, sendo accesibles exclusivamente polo docente de educación física e polo persoal facultativo e de enfermería do SERGAS. Unha vez que os datos das valoracións que se realizan nos centros educativos galegos participantes son introducidos na PLATAFORMA D.A.F.I.S., a Fundación Deporte Galego, elaborará e fará públicas as estatísticas para cada grupo de idade e sexo en Galicia. A fundación en ningún caso terá acceso individualizado aos datos dos alumnos/as. Estas estatísticas permiten que o profesorado, os pais ou titores e os propios alumnos/as poidan coñecer a comparativa dos seus resultados cos correspondentes á mediana do seu sexo e idade.

Na seguite galería podedes ver algunhas fotos sobre a realización das probas :

Álbum: PVDA: A Saínza en movemento -> Proxecto DAFIS

Celebramos o Nadal patinando

Durante a saida do centro para ver as casetas do Nadal de xinzo o alumnado de 2º a 6º de Educación Primaria tivo contacto cun novo deporte como é o patinaxe sobre xeo, onde por grupos de idade puideron vivenciar por si mesmos a sensacións que produce o deslizarse sobre o xeo. Durante as clases de Educación Física previas á actividade falouse sobre este deporte e de deportistas da talla de Javier Fernández.

Na seguinte galería recollense fotos ada actividade.

Álbum: PVDA: A Saínza en movemento -> Patinaxe sobre xeo (Nadal)

Desafíos físicos cooperativos con distanciamento

Comezamos o curso traballando a importancia de coñecer as nosas habilidades e as dos demaís asi como a importancia de ceder e cooperar a favor do equipos, asumindo responsabilidades e acadando éxitos mediante a superación dunha serie de retos aos que solo lle podemos poñer solución se coñecemos as fortalezas do noso grupo/equipo.

Álbum: PVDA: A Saínza en movemento -> Desafíos físicos cooperativos con distanciamento
Distribuir contido