O pasado 2 de novembro de 2020 publicouse a seguinte lexislación referida a como levar a cabo o ensino non presencial dende 3º de Educación Primaria,no caso do peche dunha aula completa ou de todo o centro.
- Plan de Contixencia ante peches
Aínda que na Resolución soamente se fai referencia aos niveis de 3º a 6º de Educación Primaria,incluiremos tamén a 1º e 2º ,así como Educación Infantil,ambas con horarios máis flexibles que os esixidos para os niveis de 3º a 6º de Educación Primaria.
Nos horarios de 3º a 6º de Educación Primaria,imos diferenciar claramente as dúas situación descritas,peche dunha única aula ou peche total do centro,xa que o xeito de abordar as rutinas do alumnado serían diferentes.
Como idea xeral,no peche dunha única aula,respectaríanse os horarios establecidos ao inicio do curso,xa que resultaría imposible introducir cambios no horario de profesorado especialista que seguiriía a impartir clase no centro ao resto de grupos.
No caso de peche total,buscaríase unha rutina diaria que ,respectando a porcentaxe de 60% de docencia directa,resultase máis axeitada para o alumnado e o profesorado.
A continuación,definimos ,por etapas,os horarios espello.
EDUCACIÓN INFANTIL
Nesta etapa,a estructura que presentamos a continuación sería empregada tanto no peche dunha aula como en caso de confinamento total.
O profesorado de Educación Infantil comunicarase coas familias a través do correo electrónico enviando así actividades,tarefas,vídeos,imaxes...
Ademáis para manter o contacto coa aula e reforzar o sentimento de pertenza ao grupo,relizaránse videochamadas cada 15 días.Asi mesmo poderanse realizar outras que sexan necesarias nalgún momento,como poden ser as propias titorías.
1º e 2º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Actuacións comúns en caso de peche dunha aula:
- Apertura da Sala de Mensaxería en Abalar móbil para comunicarse coas familias.
- Emprego da Aula Virtual como espazo para a exposición de contidos,proposta de actividades,envío de tarefas,vídeos explicativos gravados polo titor ou titora...
- Emprego das Plataformas de videoconferencia (Webex ou Falemos) para ter contaco directo co alumnado.Os acceso ás diferentes salas enviaríanse por correo electrónico ás familias ou estarían colgados no propio curso da Aula Virtual.
- Os mércores de 9:30 a 10:30 será a videoconferencia de cada curso co seu titor/a.
Fai click no enlace para poder veo todos os horarios.