ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

COMUNÍCASE:

  • PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS:
      • Do 16 ao 26 de outubro(ambos inclusive)
      • Modelos de solicitude para presentarse á elección estarán a disposición dos candidatos/as  na secretaría do centro

11 DE OUTUBRO DE 2018,XOVES:

  • Sorteo público, ás 11:45 h, para a designación dos membros da Xunta Electoral.
    • Un/unha representante dos pais/nais ou titores legais.
    • Un/unha representante do profesorado.
    • Un/unha representante do persoal de administración e servizos.

 

¿QUE É O CONSELLO ESCOLAR?

O Consello Escolar do centro é o órgano a través do cal participan os distintos membros da comunidade escolar na organización do Centro.

II.- ¿QUEN COMPÓN O CONSELLO ESCOLAR DO CEIP CARLOS CASARES?

­ A directora, que é a súa presidenta.

­ A xefa de estudos.

­ Cinco profesores/as elixidos/as polo Claustro.

­ Cinco representantes dos pais/nais ou titores legais dos/as alumnos/as (un/unha deles/as proposto/a pola ANPA).

­ Un/unha representante do persoal de administración e servizos.

­ Un/unha concelleiro/a ou representante do Concello de Xinzo de Limia.

­ A secretaria do centro, que actuará como secretaria do consello.

III.- MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR QUE CORRESPONDE RENOVAR:

­ Dous profesores/as, elixidos polo claustro.

­ Dous representantes dos pais/nais ou titores legais dos alumnos/as.

­ Un/unha representante dos pais/nais ou titores legais dos alumnos/as proposto/a pola ANPA.

­ Un concelleiro/a ou representante do concello.

IV.- ¿CALES SON AS COMPETENCIAS DO CONSELLO ESCOLAR?

 

Art. 127 da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE): Lei 8/2013 de 9 de decembro (BOE do 10)

 

a. Avaliar os proxectos e normas aos que se refire o Capítulo II do Título V da LOMCE

 

b. Avaliar a programación xeral anual do centro, sen prexuízo das competencias do Claustro do profesorado, en relación coa planificación e organización docente.

 

c. Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos.

 

d. Participar na selección do director/-a do centro nos termos que a LOMCE establece: Ser informado do nomeamento e cese dos demais membros do equipo directivo. No seu caso, previo acordo dos seus membros, adoptado por maioría de dous terzos, propoñer a revogación do nomeamento do/-a director/-a. 

 

e. Informar sobre a admisión de alumnos/-as, segundo o establecido na LOMCE e as disposicións que a desenvolvan.

 

f. Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e velar porque se ateñan á normativa vixente. Cando as medidas disciplinarias adoptadas polo director/-a correspondan a condutas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia do centro, o Consello Escolar, a instancia de pais, nais ou titores legais, poderá revisar a decisión adoptada e propoñer, de ser o caso, as medidas oportunas.

 

g. Propoñer medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro, a igualdade entre homes e mulleres, a igualdade de trato e a non discriminación polas causas a que se refire o art. 84.3 da LOMCE, a resolución pacífica de conflitos, e a prevención da violencia de xénero.

 

h. Promover a conservación e renovación das instalacións e do equipo escolar e informar a obtención de recursos complementarios, de acordo co establecido no art. 122.3

 

i. Informar as directrices para a colaboración, con fins educativos e culturais, coas Administracións locais, con outros centros, entidades e organismos.

 

j. Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados das avaliacións internas e externas nas que participe o centro.

 

k. Elaborar propostas e informes, a iniciativa propia ou a petición da Administración competente, sobre o funcionamento do centro e a mellora da calidade da xestión, así como aqueloutros aspectos relacionados coa calidade da mesma.

 

l. Calquera outras que lle sexan atribuídas pola Administración educativa.

j. Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados das avaliacións internas e externas nas que participe o centro.

 

k. Elaborar propostas e informes, a iniciativa propia ou a petición da Administración competente, sobre o funcionamento do centro e a mellora da calidade da xestión, así como aqueloutros aspectos relacionados coa calidade da mesma.

 

l. Calquera outras que lle sexan atribuídas pola Administración educativa.

­ Un concelleiro/a ou representante do concello.

IX ABRAÇO AO RÍO LIMA

Os nenos de 4º de Educación Primaria do Ceip Carlos Casares foron coma en edicións anteriores ao IX Abraço ao Rio Lima os días 10 e 11 de outubro.

As 10 da mañá chegaron á Quinta de Pentieiros e recibiron un lanche para máis tarde visitar á quinta pedagóxica.

A unha fixeron almorço no Centro Educativo das Lagoas.

Pola tarde visitaron á Foz do Río Limia ( Monte de Santa Luzía/ Praia do Cabedelo) e ás 5 recibiron un lanche.

Ás 6 fixeron a instalaçao no albergue e Centro de Acolhimento da Quinta de Pentieiros do alunos de Xinzo de Limia.

Ás 8 tivo lugar o xantar na escola EB1 das Lagoas e se retiraron sobre as 11 da noite.

O día seguinte levantarónse as 7 e a continuación tiveron un pequeno almorço sobre as 7:30.

 Sobre as nove saíron para Ponte de Lima e se fixo unha unha concentración na Alameda de S.Joao.

Ás 10 foi a recepción dos participantes e convidados.

Ás 11:30 prepararónse para as márgenes do Río.

Ás 12:00 Abraço ao río Lima para logo almorzar na Escola EB1 das Lagoas.

Sobre ás 13:00 visita ao Centro Histórico de Ponte de Lima/ Festival Internacional de Xardíns.

Ás 6 voltaron á casa.

 

 

COMERCIOS AMIGOS NO CAMIÑO ESCOLAR

Seguimos avanzando no proxecto de camiños escolares.Xa conseguimos un paso máis nas rutas.

Agora temos comercios amigos,que se temos algún problemiña na ruta axudarán seguro.

 

SEMANA DA MOVILIDADE

Os nenos de infantil e de 1º e 2º de primaria participaron na Semana da Movilidade facendo psicomotricidade na rúa.

 

PROGRAMA EDUCACIÓN RESPONSABLE

Aquí vos deixamos a presentación do Programa Educación Responsable que comezamos este curso con gañas e con moita ilusión.

 

MENÚ OUTUBRO 2018

Fai click na imaxe para ver o menú 

OS NENOS DE 6º DE INFANTIL FORON Á VENDIMIA

Os nenos de Educación Infantil de 5 anos fixeron unha saída a Monterrei a vendimar a unha finca da Deputación Provincial.

Logo visitaron o Castelo de Monterrei onde merendaron para repor forzas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CAMPAÑA DE RECICLAXE DE MÓVILES PARA PROTEXER OS ECOSISTEMAS AFRICANOS

La figura de Jane Goodall y la preservación del medio ambiente motiva a los peques del CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia

 

La Federación Provincial de Mujeres Rurales de Ourense (FEMURO), en colaboración con el AMPA y el equipo directivo del centro CEIP Carlos Casares de la localidad orensana de Xinzo de Limia, llevó a cabo la primera edición de la FERIA VIOLETA: INVENTORAS Y DESCUBRIDORAS, un proyecto recreativo y de promoción cultural con perspectiva de género, concebido para visibilizar y difundir las contribuciones y aportaciones de mujeres a lo largo de la historia.

En este sentido, el propio CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia escogió la figura de la Dra. Jane Goodall para tematizar su presencia en la Feria. Así, el stand del colegio cumplió con los dos objetivos establecidos por el centro: por una parte, hacer visible la figura de la Dra. Goodall y atraer la atención de los peques de 4 años –responsables de hacer y presentar el stand– y por otra sumarse la campaña “Movilízate por la Selva”.
 
Gracias a la colaboración de la comunidad educativa, los niños y el personal docente prepararon el material y la información necesaria para el stand:
 
- Una biografía de Jane Goodall.
- Una “casa” y un maniquí caracterizado como la Dra.
- Libros, revistas y material impreso sobre su vida.
- Estantería de recogida de móviles.
- Mural gigante decorativo con slogan.
- Manualidades diversas con fotocopias de chimpancés.
- Murales ilustrativos sobre primates: anatomía, especies, ejemplares famosos a lo largo de la historia…
- Material empleado por la Dra. Goodall en sus investigaciones: prismáticos, cámaras fotográficas...

La actividad se realizó el pasado 18 de junio y por el stand pasaron todos los alumnos del colegio. Los pequeños se encargaron de presentar tanto la biografía de Jane Goodall previamente elaborada por ellos como los murales y demás materiales ilustrativos. Además, invitaron a todas las familias a participar en la recogida de móviles, ¡logrando sumar 95 terminales! Un logro extraordinario que les ha permitido ganar el apadrinamiento gratuito durante un año de 3 chimpancés –uno por cada 30 terminales entregadas– dentro del programa Chimpamig@s del Instituto Jane Goodall España.
 
Tras el impacto positivo de la actividad, los chicos y chicas del CEIP Carlos Casares continuarán explorando la vida y obra de Jane Goodall en el nuevo curso y –¡excelente noticia!– seguirán reciclando móviles con la ayuda de las familias y profesores.

¡Un millón de gracias a los pequeñajos y enhorabuena a toda la comunidad educativa del CEIP Carlos Casares!
 

Powered by Drupal - Design by artinet