CALENDARIO DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA NOS PRÓXIMOS DÍAS. sticky icon

 

MATRÍCULA NOVO ALUMNADO:

  •  Prazo Matrícula: do 20 ao 30 de xuño.
  • 19 de xuño publicaremos na páxina web do centro os impresos e documentación necesaria. Tamén estarán dispoñibles na Secretaría do Centro.

 

FONDO LIBROS.

  •  20 de xuño, recolleranse en horario de 9:00 a 14:00 os libros de préstamo de 3º e 4º EP, deste curso.
  • 21 de xuño,  último día para a entrega de solicitudes do Fondo Solidario de libros para o próximo curso.

 

ENTREGA DE HISTORIAIS ACADÉMICOS DE 6º EP, para a matriculación no IES.

  •  23 de xuño, farase entrega dos historiais académicos do alumnado que remata os seus estudos (teñen que recoller estes ou pai/nai/o titor legal do alumno).

Administración.

 

 

RESERVA E SOLICITUDE NO SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO 2023-24 sticky icon

Os usuarios do servizo de transporte escolar deberán renovar a solicitude deste servizo, así como os novos usuarios que o desexen para o vindeiro curso escolar 2023-24.

Deberán cubrir e entregar o impreso de solicitude na Secretaría do Centro antes do 16 de xuño de 2023 (pódese entregar unha vez firmado a través do nen@).

No caso de non entregalo entenderase que renuncia ao servizo de transporte escolar.

A Dirección do centro

 

 

Impreso trasporte escolar

Ruta y paradas de Bus Escolar

 

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar 2023-2024 sticky icon

Prazo de solicitude:do 20/5/2023 a 21/6/2023, (ambos incluídos)

Forma de presentación:

  • Electrónica: utilice esta aplicación (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) e presente a solicitude na Sede Electrónica (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)

NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos

  • Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presénteos no centro educativo (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)
  • Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

 

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

e) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

h) Outra documentación

 

 

BECAS NEAE 2023-2024. sticky icon

O 26 de abril foi publicada no BOE a " Resolución de 20 de abril de 2023, de la Secretaría de Estado de Educación, por la que se convocan ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo para el curso académico 2023-2024"

O prazo de presentación de solicitudes do 8 de maio ata o 20 de setembro deste ano.

Poderán solicitar esta axuda o alumnado que presente necesidades específicas de apoio educativo derivadas de:

- Discapacidade

- Transtorno grave de conducta o de comunicación e da linguaxe.

- Transtorno do espectro autista.

- Altas capacidades.

Ante calquera dúbida poderán dirixirse ao departamente de orientación.

 

PUBLICACIÓN LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS NOVO ALUMNADO 2023-2024 sticky icon

Publícanse as listas DEFINITIVAS de admitidos do novo alumnado para o vindeiro curso 23-24.

As listas estan a disposición no taboleiro de anuncios no interior do centro.

O prazo para a matricula será do 20 ao 30 de xuño, (publicaranse na páxina web nos días previos ao comezo da matricula, formulario e documentación necesaria).

 

FOLGA TRANSPORTE ESCOLAR 8 DE MAIO. sticky icon

Con motivo da convocatoria da folga de transporte que comezará previsiblemente o día 8 de maio de 2023 e por presentar esta carácter indefinido, rogamos ás familias estean atentas aos medios de comunicación. Intentaremos mantelos informados na medida do posible.

 

 

 

PUBLICACIÓN LISTAS PROVISIONAIS ADMITIDOS CURSO 23-24 sticky icon

Publícanse as listas provisionais de admitidos do novo alumnado para o vindeiro curso 23-24.

As listas estan a disposición no taboleiro de anuncios no interior do centro.

 

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 23-24 sticky icon

 

Todas as solicitudes entregadas no noso centro foron ADMITIDAS.

 

 Datas.

  •  25 de abril: Publicación das listas provisionais de admitidos.
  • 15 de maio: Publicación das listas definitivas de admitidos.

 

Período de matriculación:  Entre o 20 e 30 de xuño

Publicarase nos días previos o formulario a documentación necesaria para o proceso de matriculación.

 

Curso  Oferta  Solicitudes
4º Infantil (3anos)  50 40
5º Infantil (4anos) 10 1
6º Infantil (5anos) 19  
1º EP 4 2
2º EP 13 1
3º EP 11  
4º EP 0  
5º EP 3  
6º EP 21 1

 

 

Fondo Libros curso 2024-25

Fondo Libros curso 2024/2025

Listado provisional.

Listado definitivo.

Entrega Vales para 1º e 2º EP.

Libros e material escolar 23-24

LIBROS DE TEXTO Y MATERIAL ESCOLAR | CEIP MARÍA DEL CARMEN FERNÁNDEZ MELIÁN

Libros de texto

Material

(Listaxe a proporciona o titor/a)

 

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

EDLG  QUIROGA PALACIOS

 AbalarMóbil

Portada

ANPA ATHENEA