SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE
INFORMACIÓN DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN VIARIA, CONCELLO DE SANTIAGO
A vindeira semana celébrase a “Semana Europea da Mobilidade”, e por este motivo o concello pretende levar a cabo unha actividade denominada “O día de camiñar á escola”, que consiste en que o próximo día 20 os nenos e nenas acudan ó colexio camiñando desde uns puntos de encontro sinalados polo concello, ben sexa na compaña doutros menores o de seus país, tratando deste xeito de concienciar a todos da necesidade de manter libres de vehículos os espazos e vías que rodean os centros para maior seguridade dos menores, ó tempo de promover a autonomía dos escolares nos seus desprazamentos escolares, como levamos anos facendo desde o Departamento de Educación Viaria a través do programa Colecamiños.
Para elo reservaranse zonas de estacionamento non puntos de encontro para que os acompañantes dos menores podan deixar os seus vehículos mentras dure a actividade.
Os puntos de encontro para o colexio son:
- Estacionamento da Praza de Mercede de Conxo.
- Estacionamento de Santa Marta
Nestes puntos haberá persoal do concello, ben Policía Local ou Protección Civil, para acompañar os participiantes ata ó colexio.
Adxúntase plano da situación dos puntos de encontro e o percorrido previsto ata o centro.
Moitas gracias pola colaboración.
HORARIO, PORTAS E PLANOS CURSO 2024-2025
As clases comezarán mañá MÉRCORES 11 DE SETEMBRO DE 2024
HORARIO
ENTRADA: O centro abrirá os PORTALÓNS de entrada as 9:05h e ás pechará ás 9:15.
SAÍDA: O horario de saída será as 14:15h para todo o alumnado.
Prégase que deixen libre o portalón C á saída. A través desta porta sairá o alumnado transportado e a continuación o alumnado de 2º EP, que sairá polo lado dereito e o alumnado de 3º EP sairá polo lado esquerdo.
Pregamos que os familiares se coloquen no lado correspondente para facilitar a saída.
Recordamos que non se pode aparcar diante do portal D e na parada do Bus
PORTALÓNS
PLANOS DAS AULAS
BO INICIO DE CURSO!!!!!
DATAS PARA A RECOLLIDA DOS VALES E LIBROS DE TEXTO 2024/2025
Recollida dos vales e libros para 3º EP ............................... Xoves 5 de setembro.
Recollida dos vales e libros para 4º EP ............................... Venres 6 de setembro.
Recollida dos vales pendentes de 1º e 2º ............................ Luns 9 de setembro.
Recollida dos vales material escolar de 5º e 6º ..................... Luns 9 de setembro.
Os vales e libros entregaránse na Secretaría do Centro en horario de 9:30 a 14:00 h.
Soamente se lle entregarán aos pais/nais ou titores do alumno, ou coa autorización correspondente.
INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS. SERVIZO DE COMEDOR E MADRUGADORES DO CONCELLO.
SERVIZOS DE COMEDOR E MADRUGADORES NA REDE DE CENTROS PÚBLICOS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
APERTURA DOS PRAZOS DE MATRÍCULA NOS SERVIZOS DE COMEDOR E DE MADRUGADORES NA REDE DE CENTROS PÚBLICOS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA O CURSO 2024-2025. Mais información no seguinte enlace:
http://www.santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=14747&lg=cas
DATAS PARA FONDO LIBROS CURSO 2024-2025
HORARIO A PARTIR DO 8 DE XULLO DE 2024
- O Horario de atención ao público será de 9:00 a 13:30 h.
DATAS:
- LISTAXE PROVISIONAL DE FONDO LIBROS ....... 8 de Xullo de 2024
- PRAZO DE RECLAMACIÓN AS LISTAXES............ 9 e 10 de Xullo de 2024.
- LISTAXE DEFINITIVO DE FONDO LIBROS........... 11 de Xullo de 2024.
* Estas listaxes estarán dispoñibles na Secretaría do Centro, poderán ser consultadas polo pai/nai o titor/a do alumno.
ENTREGA DE VALES DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR DE 1º e 2º EP.
- Os vales entregaranse os días.....................11, 12 e 15 de xullo de 2024.
* Os vales que queden sin recoller poderán facelo en setembro.
* Terán que ser recollidos pola persoa solicitante que figura na solicitude ou ben persoa autorizada (acompañado do escrito que se lle autoriza a recoller o vale/s).
ENTREGA DE LIBROS E VALE DE MATERIAL ESCOLAR DE 3º e 4º EP.
- Entregarase en setembro.
ENTREGA DE VALE DE MATERIAL ESCOLAR DE 5º e 6º EP.
- Entregarase en setembro.
ERRO NO ISBN DO LIBRO DE LINGUA GALEGA DE 4º EDUCACIÓN PRIMARIA
Advertido erro no libros de lingua galega de 4º educación primaria, o isbn correcto é:
. LINGUA GALEGA (Operación mundo 4) ........ 978 84 143 1963 5
ERRO NOS ISBN DOS LIBROS DE INGLES DE 3º EDUCACIÓN PRIMARIA
Advertido erro no libros de inglés de 3º educación primaria, os isbn correctos son:
. INGLES OPEN UP 3 CLASS BOOK ......... 9780194072618
. INGLES OPEN UP 3 ACTIVITY BOOK .... 9780194072373
ENTREGA DOS HISTORIAIS ACADÉMICOS DE 6º EDUCACIÓN PRIMARIA
A partir do 1 de xullo, farase entrega dos historiais académicos do alumnado que remata os seus estudos de Educación Primaria. Estes deberán ser recollidos polo pai/nai/o titor legal do alumno.
Administración
MODIFICACIÓN ISBN DE 2º EDUACIÓN PRIMARIA.
Modificación de ISBN de 2º EP Textos 2.
Proxecto Comprendetextos ....... 978-84-1110-0168
MATRICULA NOVO ALUMNADO, FORMULARIOS E DOCUMENTACIÓN.
* Prazo: 20 de xuño ao 1 de xullo de 2024. (ambos inclusive)
* Lugar de presentación: Secretaría do centro (Forma presencial)
* Horario: 9:15 a 14:00 Horas.
* Os impresos tamén estarán dispoñibles na Secretaría do Centro.
Formularios.
- Formulario Teléfonos de contacto de urxencias.
- Autorización para recoller ao alumnado.
- Solicitude Transporte escolar.
Documentación necesaria.
- Fotocopia do libro de familia/Partida literal de nacemento.
- Fotocopia do DNI/NIE/PASAPORTE do:
. Alumno/a, de selo caso.
. Pai
. Nai
. Titor/a, de selo caso.
- Fotocopia tarxeta Sanitaria.
- Certificado médico onde se reflicte que ten a cartilla de vacinas actualizadas, posibles
alerxias e conveniencia ou non de activar alerta escolar.
- 3 fotografías tamaño carné (co nome e apelidos no reverso da foto)
Tríptico informativo para o alumnado de 3 anos.