Comedor

Inauguración comedor

 

O pasado 26 de novembro visitounos D. César Pérez Ares, Xefe territorial de educación da provincia de Pontevedra, xunto co noso inspector D. Gustavo Lorenzo Prozzo, coa finalidade de inaugurar oficialmente o noso novo comedor. Para este acto, xunto a Carlota Rey Regueiro actual directora do centro estivo con nós Mª Belén García Vázquez, directora do CEIP Canicouva ata o curso pasado e que participou activamente na demanda á Administración da necesidade dun novo comedor que asegurase un servizo axeitado para os 150 alumnos e alumnas que son usuarios do servizo.

 Durante o pasado verán a Consellería de Educación, Xunta de Galicia, tivo a ben aprobar a financiación do que supuxo unha remodelación total da planta baixa do noso centro educativo, o que derivou nun cambio e mellora radical dos baños, lavabos, vestiarios e un comedor novo que favoreceu a posibilidade de dobrar o aforo e polo tanto a confortabilidade do servizo.

 Esta remodelación, e a determinación da Xunta de Galicia por rematala a tempo, supuxo unha implicación moi importante durante os meses de xullo e agosto. Esta obra favoreceu que dende principio de curso, a dinámica do servizo de comedor e aula matinal mellorase de xeito substancial. Agora dispoñemos dun espazo agradable, novo e cómodo que permite sacar un partido de maior calidade a estes servizos e, en definitiva, mellorar a calidade da vida escolar don nosos cativos e cativas convertendo a escola nunha ampliación do fogar do alumnado.

 Toda a comunidade educativa que formamos o CEIP Canicouva queremos agradecer a D. César Pérez Ares que recollese as nosas inquedanzas e preocupacións respecto ás necesidades da nosa escola, e non dubidase en apostar polo noso centro, polo noso proxecto educativo que facilitará sen dúbida que a nosa comunidade medre cada ano.

Aula Matinal

Dende ben cedo, o alumnado do aula matinal ven traballando hai semanas para aportar o seu graniño de area na decoración de Nadal do noso cole. Manualidades e murais, non hai traballo que se lles resista. 

Quedou precioso!!!
Distribuir contido