O pasado 26 de novembro visitounos D. César Pérez Ares, Xefe territorial de educación da provincia de Pontevedra, xunto co noso inspector D. Gustavo Lorenzo Prozzo, coa finalidade de inaugurar oficialmente o noso novo comedor. Para este acto, xunto a Carlota Rey Regueiro actual directora do centro estivo con nós Mª Belén García Vázquez, directora do CEIP Canicouva ata o curso pasado e que participou activamente na demanda á Administración da necesidade dun novo comedor que asegurase un servizo axeitado para os 150 alumnos e alumnas que son usuarios do servizo.
Durante o pasado verán a Consellería de Educación, Xunta de Galicia, tivo a ben aprobar a financiación do que supuxo unha remodelación total da planta baixa do noso centro educativo, o que derivou nun cambio e mellora radical dos baños, lavabos, vestiarios e un comedor novo que favoreceu a posibilidade de dobrar o aforo e polo tanto a confortabilidade do servizo.
Esta remodelación, e a determinación da Xunta de Galicia por rematala a tempo, supuxo unha implicación moi importante durante os meses de xullo e agosto. Esta obra favoreceu que dende principio de curso, a dinámica do servizo de comedor e aula matinal mellorase de xeito substancial. Agora dispoñemos dun espazo agradable, novo e cómodo que permite sacar un partido de maior calidade a estes servizos e, en definitiva, mellorar a calidade da vida escolar don nosos cativos e cativas convertendo a escola nunha ampliación do fogar do alumnado.
Toda a comunidade educativa que formamos o CEIP Canicouva queremos agradecer a D. César Pérez Ares que recollese as nosas inquedanzas e preocupacións respecto ás necesidades da nosa escola, e non dubidase en apostar polo noso centro, polo noso proxecto educativo que facilitará sen dúbida que a nosa comunidade medre cada ano.
AULAS DE EDUCACIÓN INFANTIL
AULAS DE PRIMARIA
AULAS DE IDIOMAS
AULA DE MÚSICA
AULA DE PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA
AULA DE AUDICIÓN E LINGUAXE
AULA DE PSICOMOTRICIDADE
XIMNASIO E SALÓN DE ACTOS
AULA DE INFORMÁTICA
PATIO DE EDUCACIÓN INFANTIL
PATIOS DE PRIMARIA
BIBLIOTECA
SALA DO PROFESORADO E DESPACHOS
COMEDOR
Contar con un horto escolar aporta múltiples beneficios aos menores. Dalles a oportunidade de coñecer de onde veñen os alimentos que consumen no seu día a día, fomenta a importancia dunha alimentación saudable.
Hai moitos máis beneficios das actividades que alí se realizan como é a mellora da motricidade, tanto fina como grosa; a importancia do traballo en equipo, cultivo da paciencia ou educación Ambiental.
Cada curso escolar cada aula ten unha pequena parcela na que poden cultivar as hortalizas ou froitas que desexen. Ao mesmo tempo que cultivan as especies escollidas tamén aprenden sobre elas.