Nova edición da nosa revista escolar con moita información do que fixemos ao longo do curso
O 18 de maio publicouso no BOE as axudas para alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo.
O PRAZO DE PRESENTACIÓN extendese dende o 19 de MAIO ATA O 30 de SETEMBRO de 2022, PERO NON O DEIXES PARA ESE DÍA, PORQUE TES QUE PRESENTALO NO CENTRO CORRECTAMENTE CUMPRIMENTADO, ASINADO E CUBERTO POLO GABINETE PEDAGÓXICO ANTES DESA DATA
Boas familias,
Compartimos, a continuación, algúns recursos complementarios a formación sobre seguridade na rede e menores con José Eugenio Torres:
INTERNET SEGURA FOR KIDS (acceso facendo clikc na imaxe)
Nesta páxina de referncia para familias e educadores, podedes atopar as seguintes guías:
CONSELLOS SOBRE A IDENTIDADE DIXITAL (2’ 54’’)
PLAYLIST SOBRE IDENTIDADE DIXITAL(Moitísimos vídeos curtos de distintas temáticas relacionadas).
DESCARGA DA GUÍA SOBRE IDENTIDADE DIXITAL (en .pdf) [83 páxinas]
Boas familias,
O Alumnado de 5º de ED. Primaria tivo unha sesión de seguridade peoníl coa sección de Educación Viaria da Policía Local de Vigo. Dende este organismo queren compartir con toda a Comunidade EDucativa a información complementaria que a continuación achegamos:
Prezadas familias;
A comunidade educativa que conformamos o CEIP Canicouva imos colaborar coa Asociación Galega de Auxda a Ucraína (@aga.ucraina) para recompilar e enviar material, alimentos non perecedoiros e enseres básicos a Ucraína.
Podedes atopar a lista completa dos materiais que precisan no documento adxunto.
Moitas grazas pola vosa colaboración!!!
Prezadas familias,
Publicamos, a continuación, as vacantes escolares dispoñibles no noso centro para o vindeiro curso 2022-2023. Lembramos que, segundo o calendario de admisión (que podedes consultar neste enlace), a presentación de solicitudes de praza abrangue do 1 ao 21 do presente mes de marzo.
Destinatarios:
Solicitude: A solicitude de admisión do alumnado pode facerse de dous xeitos:
Listaxe provisional:
Listaxe definitiva:
Para calquera consulta referida ao proceso de admisión, podedes contactar co centro en horario lectivo ( 886 120 237).