Campionato Provincial de Cross Xogade

    Xúntanse 2 vídeos enviados por familiares dos participantes.   Crónica de Manuel Hurtado, profesor de E.Física do centro: 

- Nunha mañá de sábado con algo de sol pero fría (16-12-2023), sete nenos e nenas do noso colexio desprazáronse ata a parroquia de Zamáns (Vigo) para disputar o Campionato Provincial de Cross Xogade.
O primeiro en participar foi Alejandro Diz Asorey, de 6ºC, na categoría Infantil, que estivo sempre preto do grupo de cabeza, para rematar nunha excepcional 12ª posición representando ao CEP Campolongo ante os mellores clubs de atletismo da provincia.
A segunda proba con representación de Campolongo foi a Alevín Feminino, que contou coa presenza de Lía Geralavicius Gestido, alumna de 4º C, quen, en representación da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, conseguiría subir ao terceiro posto do podio, recibindo a medalla de bronce e coa clasificación para o Campionato Galego da especialidade no peto, proclamándose Campioa Provincial co seu equipo da Ximnástica de Pontevedra.
Nesta carreira tamén participou María Serantes Pérez, alumna de 5º D, quen tras percorrer os 1.500 metros dos que constaba a súa proba, conseguiría o posto 43º.
Na proba Alevín Masculino o noso Centro contou coa participación de Miguel Cortón Liñán, alumno de 5º A, quen nunha carreira moi concorrida logrou acadar a 36ª posición.
Para rematar coa representación do CEP Campolongo, tivemos triple presenza na carreira Benxamín Femenina. Nesta categoría participaron compañeiras de 2º A, Lara García Otero e Cayetana Diz Asorey, as que nunha carreira que realizaron conxuntamente e en progresión lograron acadar os postos 29º e 33º respectivamente. Pola súa banda, Catalina Sanmartín García, alumna de 2º C, saíu moi valente no grupo de cabeza ao comezo da carreira, cedendo na parte final, pero resistindo para rematar na posición 59ª.
En definitiva, unha bonita xornada de experiencia, aprendizaxe e deporte para o noso alumnado que conseguiu clasificarse para todo un Campionato Provincial de Campo a Través.
O Cross Country xa está rematado para este curso, pero en breve chegarán novas actividades, ficade atentos!  Ver resultados na páxina da Federación de Atletismo

AnexoTamaño
cross-vigo-1.mp42.99 MB
cross-vigo-2.mp45.84 MB


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, 2017