Web do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
Taboleiro
Día Internacional da Muller
6 de marzo de 2015
6º de Educación Primaria
12:00
Centro Cultural Fernando Casas Novoa
Dia Internacional da Muller
6º de educación primaria
Día de Rosalía 2015
Máis imaxes na Galería.
Entroido 2015
Máis imaxes na Galería.
Mandados 2015
Semana do 9 ao 13 de febreiro.
Nenas e nenos
o Entroido xa chegou
e o mandado comezou.
Este ano a biblioteca inauguramos
e na súa honra nos disfrazamos.
O luns comezamos ler
por iso os teus lentes has traer.
Porque non comezar polo Quixote
e o martes traer un bo bigote.
O mércores unha bata traerás
o importante é que quentiño lerás.
O xoves será o momento de inventar
improvisa o personaxe de libro que serás.
Os mandados acumulativos no son
para que non haxa complicación.
Iso si, intenta ser orixinal
e así o pasaremos xenial.
Circular Nº7 Entroido
Estimadas familias:
O Entroido xa está chegando, convidámoslles a participar na súa celebración escolar. Temos previsto:
-Elaboración de disfraces que xa coñecen en cada titoría.
-Mandados do Entroido do 9 ao 12 de febreiro.
-O venres 13 desfile polas rúas da vila: Avda Álvaro Cunqueiro-Rúa do Camiño Inglés-Rúa da Cultura-Rúa do Campo-Rúa do Concello-Praza Isaac Díaz Pardo-Alameda de Góis.
Remataremos cun encontro na alameda de Góis os tres centros educativos: CRA de OROSO, CEIP de SIGÜEIRO e CEIP de OROSO.
-A continuación volveremos ao colexio para celebrar a tradicional parva de Entroido coas familias que o desexen. Agardamos as súas aportacións de lambonadas propias nestas datas.
Agradecendo a súa colaboración, saúdalles cordialmente.
Asdo: Mª Ángeles García Álvarez
DIRECTORA CEIP de OROSO
Saída á Casa das Ciencias
12 de febreiro de 2015. De 09:15 ás 14:15.
Alumnado de Educación Infantil.
Visita de Ledicia Costas
Máis fotos na Galería.
Día da Paz 2015
Navega con Rumbo
Aula de Psicomotricidade
4º, 5º e 6º de Educación Primaria
28 de xaneiro ás 12:15
Máis información sobre o programa. Inclúe gúia para familias, alumnado e profesorado.
Máis imaxes na Galería.
Imaxes sobre a programación do Nadal 2014
Máis imaxes na Galería.
Programación Nadal 2014
Ligazón á web da Secretaría Xeral de Política Lingüística "Lingua de Reis"
Saída ao Centro de Saúde de Oroso
O alumnado de 5º e 6º de EP visitou o Centro de Saúde de Oroso. Queremos agradecer a Mª José a súa acollida e os sabios consellos que recibimos.
Máis imaxes na Galería.
Saída cultural
O vindeiro día 17 de decembro o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria asistirán a unha visita cultural ao Museo de Historia Natural "Luis Iglesias". Posteriormente visitarán a Cidade da Cultura de Galicia.
A saída será de 09:15 a 14:15.
Máis información sobre o Museo de Historia Natural.
Máis información sobre a Cidade da Cultura de Galicia.
Vídeo-conferencia con Papá Noel
Terá lugar o vindeiro 15 de decembro na aula EducaOroso. Asistirá o alumnado de Educación Infantil. Será en horario de 12:30 a 13:30.
Saída ao cine
O alumnado de Infantil e 1º de EP asistirán ao cine o vindeiro día 11 ao CC As Cancelas para ver a película "Los pingüinos de Madagascar".
Concerto didáctico
O alumnado de 1º e 2º de educación primaria asisten no Auditorio de Galicia ao Concerto Didáctico "En danza coa orquestra".
Máis información aquí.
Actividade sobre violencia de xénero
O alumnado de 5º e 6º de educación primaria, xunto co alumnado do CEIP de Sigüeiro, acudiron ao Centro Cultural de Sigüeiro onde Ana Carreira presentou “As princesas pitas” e “A rebelión das lavandeiras". O acto tivo lugar dentro da conmemoración do día contra a violencia de xénero.
Pódense ver máis imaxes do acto na Galería.
Magosto 2014 Fotos
Máis imaxes na Galería.
Circular nº5 Magosto
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- seguinte ›
- última »