Web do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
Entrega do material da I semana solidaria de teatro
Co resto dos cartos que quedaban do recadado na I semana solidaria de teatro e, grazas á asociación Sahebbi, entregouse un lote de material escolar para o centro de Smara de educación e integración de persoas con discapacidades. Aquí tedes fotos do traballo no centro e un vídeo de agradecemento. De todos xeitos, os agradecidos somos nós.