Skip to Content

Novas de interese

O CEIP DE CAIÓN COORDINA A XII LIMPEZA COLECTIVA DA PRAIA EN CAIÓN

O vindeiro venres 6 de outubro colaboraremos na limpeza organizada pola ADEGA simultaneamente en varios puntos de Galicia os días 6 (para centros educativos) e 7 de outubro. As previsións meteorolóxicas son boas, polo que agardamos non ter que adiar a data.

 

Ante o gran problema que está a supoñer a contaminación dos nosos mares polo vertido indiscriminado de lixo e plásticos, parécenos de vital importancia inculcar no noso alumnado actitudes de respecto e coidado do medio ambiente, e coidamos que non hai  mellor maneira de facelo que atallando o problema dende o máis próximo, o que ven cada día.

 

Por esta razón recibimos a invitación por parte da ADEGA (Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia) de colaborar nesta XII Edición da limpeza de simultánea de praias e, ao sermos un centro educativo, farémola un venres.

 

O Concello da Laracha tamén colaborará dun xeito activo, facilitando medios e materiais precisos para que a limpeza poida facerse segura e eficazmente. Recomendamos a todo o alumnado que veña con lubas (a pesar de que o Concello aportará algúns de latex para quen non teña). Deste xeito xeraremos menos lixo e poderedes reutilizalos na casa para outras actividades.

 

Por fin, poderemos contar coa axuda e colaboración dos familiares do alumnado así como outros centros educativos do Concello (o CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco e o CEIP Otero Pedrayo da Laracha) que axudaban outros anos. Nesta edición decidimos convidar a outras escolas próximas ao nosa vila, como son as Escolas de Educación Infantil de Arteixo (EEI da Lagoa, EEI de Larín e EEI de Rorís). Agardamos chegar a ser máis de 200 persoas axudando a manter limpos os nosos areais! 

Remataremos a limpeza con algo de música! Ide practicando a canción!

 

BENVIDA AO INICIO DO CURSO 2023/2024 - REUNIÓNS COAS FAMILIAS

Estimados pais e nais:

Queremos darvos a benvida a un novo ano académico de parte de todo o profesorado que conforma o claustro do noso centro. 

Antes de comezar coas clases, gustarianos compartir un momento convosco para que nos poidamos coñecer un pouquiño e explicarvos como imos a levar este curso 2023/24, que dará comezo o día 11 de setembro.

Por esta razón, coidamos que é importante convocarvos ás reunións coas diferentes titorías onde as familias serán informadas de diversos aspectos organizativos do noso centro.

Estas reunións levaránse a cabo o día 7/09/2023 para todos os cursos en distintos horarios.

4º, 5º, 6º de E. Infantil 7 de setembro
Ás 12:30 horas
1º E. Primaria ---- Horario e data por determinar
2º E. Primaria 7 de setembro
Ás 11:00 horas
3º-4 E. Primaria 7 de setembro
Ás 12:30 horas
5º-6º E. Primaria 7 de setembro

Ás 12:30 horas

Ao chegar ao centro no horario indicado o persoal titor/a irá facendo un chamamento para dirixirvos ás aulas de cada unha das reunións.

 

Sen máis, desexarvos novamente un bo inicio de curso para toda a nosa comunidade educativa.

 

O CEIP de Caión coordina e colabora na XI Limpeza colectiva de praias de ADEGA.

Outro ano máis colaboraremos na limpeza organizada pola ADEGA simultaneamente en varios puntos de Galicia.

Ante o gran problema que está a supoñer a contaminación dos nosos mares polo vertido indiscriminado de lixo e plásticos, parécenos de vital importancia inculcar no noso alumnado actitudes de respecto e coidado do medio ambiente, e coidamos que non hai  mellor maneira de facelo que atallando o problema dende o máis próximo, o que ven cada día.

Por esta razón recibimos a invitación por parte da ADEGA (Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia) de colaborar nesta XI Edición da limpeza de simultánea de praias. Esta gran recollida estaba planificada para outubro, mais vímonos na obriga de adiala. Finalmente farémola o xoves 10 de novembro. As previsións meteorolóxicas son boas, polo que agardamos non ter que adiar a data. Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto no que empezamos este curso: "Voz Natura".

Nesta edición volveremos a contar coa colaboración e implicación do alumnado de outros centros do Concello. Así asistirán as crianzas de 5º e 6º do CEIP Alfredo Brañas, de Paiosaco e os de 6º curso do CEIP Ramón Otero Pedrayo, da Laracha.

O Concello da Laracha tamén colaborará dun xeito activo, facilitando medios e materiais precisos para que a limpeza poida facerse segura e eficazmente. Recomendamos a todo o alumnado que veña con lubas (a pesar de que o Concello aportará algúns de latex para quen non teña). Deste xeito xeraremos menos lixo e poderedes reutilizalos na casa para outras actividades. Asemade cómpre traer calzado e roupa adecuada a situación climatolóxica.

Podedes colaborar con nós acudindo á praza ás 10:15 horas, dende onde comezaremos a distribución do voluntariado.

Ide practicando a canción:


Axudas para a distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria

AXUDAS PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA

Segundo a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria e Educación Especial en centros docentes públicos dependentes da Consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22.

alumnado destinatario será o alumnado matriculado en Educación Primaria

a) NON ten que presentar solicitude

    - O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021/2022.

b) SI ten que presentar solicitude

    - O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021/2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€.
  • Alumnado matriculado en Educación Especial.
  • Alumnado suxeito á tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

As solicitudes presentaranse de unicamente de forma presencial no centro , pedindo CITA PREVIA do 15 ao 26 de novembro de 2021.

Podedes descargar aquí a solicitude (ou solicitar unha na dirección do centro).

Documentación complementaria que hai que entregar coa solicitude:

- Anexo I e II.

- Copia do libro de familia, onde figure o alumno ou alumna e os membros computables da unidade familiar. Tamén se pode acreditar o número de membros computables da unidade familiar presentando un Certificado de convivencia ou informe dos servicios sociais.

- Certificado do grao de discapacidade (se o houber).

Eleccións Consello Escolar 2021

Segundo a Resolución do 20 de setembro de 2021, da secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros sostidos con fondos públicos, o 26 de novembro celebraranse as votacións para escoller os representantes da comunidade educativa no consello escolar do centro.

 

Ao sector de profesorado  correspóndelle elixir a 1 representantes entre os candidatos/as que se presenten.

 

No taboleiro do centro está exposto o censo de responsables para todos/as os que queiran comprobar se os seus datos son os correctos antes da votación (do profesorado).

 

Unha vez que se constitúa a xunta electoral tras o sorteo do día 5, comunicaranse o calendario de actuacións e os modelos de presentación de candidaturas.

 

Máis información nos adxuntos.

O CEIP de Caión coordina e colabora na X Limpeza colectiva de praias de ADEGA.

O vindeiro venres 15 colaboraremos na limpeza organizada pola ADEGA simultaneamente en varios puntos de Galicia os días 15 (para centros educativos) e 16 de outubro. As previsións meteorolóxicas son boas, polo que agardamos non ter que adiar a data. Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto no que empezamos este curso: "Voz Natura".

Ante o gran problema que está a supoñer a contaminación dos nosos mares polo vertido indiscriminado de lixo e plásticos, parécenos de vital importancia inculcar no noso alumnado actitudes de respecto e coidado do medio ambiente, e coidamos que non hai  mellor maneira de facelo que atallando o problema dende o máis próximo, o que ven cada día.

Por esta razón recibimos a invitación por parte da ADEGA (Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia) de colaborar nesta X Edición da limpeza de simultánea de praias e, ao sermos un centro educativo, farémola un venres.

Nesta edición volveremos a contar coa colaboración e implicación do alumnado de outros centros do Concello. Así asistirán as crianzas de 5º e 6º do CEIP Alfredo Brañas, de Paiosaco e os de 6º curso do CEIP Ramón Otero Pedrayo, da Laracha. Dado que a situación pandémica mellora quixemos volver á "normalidade" convidando aos demais centros do municipio e respectaremos a separación repartíndonos diferentes areais para cada centro.

O Concello da Laracha tamén colaborará dun xeito activo, facilitando medios e materiais precisos para que a limpeza poida facerse segura e eficazmente. Recomendamos a todo o alumnado que veña con lubas (a pesar de que o Concello aportará algúns de latex para quen non teña). Deste xeito xeraremos menos lixo e poderedes reutilizalos na casa para outras actividades. Asemade cómpre traer calzado e roupa adecuada a situación climatolóxica.

Moi ao noso pesar, nesta ocasión non poderemos contar coa axuda e colaboración dos familiares do alumnado nin de outro voluntariado da vila, de xeito que controlemos ben o aforo de cada zona. Farémolo de xeito adaptado á situación ocasionada polo Protocolo COVID, e cada etapa recollerá as zonas asignadas a tal fin de xeito que non se mesturen entre elas.

Ide practicando a canción:

 

Axudas para a distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria

PUBLICADA A ORDE ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

                         ALUMNADO DESTINATARIO

  

Alumnado destinatario de Educación Primaria:

1. Aquel que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.

2. Aquel que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:

a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

 

Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21.

MÁS INFORMACIÓN AQUÍ

 SOLICITUDES

 (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR)

 

Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial PREVIA SOLICITUDE DE CITA no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a.

                         PRAZO                   

  

Para o alumnado matriculado no centro no día de publicación da orde no Diario Oficial de Galicia:

 10 días hábiles a partir do seguinte á publicación no Diario Ofcial de Galicia, é dicir, 

do 16 ao 27 de novembro de 2020.

 

SOLICITUDE

 

Descargar solicitude AQUÍ (OU SOLICITAR UNHA COPIA AO CENTRO EN: ceip.caion@edu.xunta.gal, e será enviada polo alumnado). 

 

Aberto o prazo para solicitar as bolsas de estudos e as axudas ao alumnado para a adquisición de material informático convocadas polo Concello

Dende o pasado 17 de setembro o Concello vén de publicar dous programas de axudas para estudantes convocados polo Concello da Laracha:

  • Por unha parte está a habitual convocatoria de axudas ás familias para a escolarización dos seus fillos/as.

DESCARGUE AQUÍ O FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN

  • A outra convocatoria municipal de axudas aos estudantes realízase excepcionalmente e ten por obxecto subvencionar a adquisición de material informático ao longo do ano 2020. O programa está pensado especificamente para o alumnado que comprase ou vaia comprar antes de final de ano un ordenador persoal, tableta, impresora ou libro electrónico para adaptarse ás circunstancias da suspensión das clases presenciais desde o mes de marzo debido á Covid-19 e poder participar nelas de xeito telemático. Neste caso, a contía das axudas será de 200 euros por beneficiario.

DESCARGUE AQUÍ O FORMULARIO DE SOLICITUDE

O prazo de solicitude (20 días naturais) permanecerá aberto ata o 7 de outubro. Os impresos poden presentarse en liña a través da sede electrónica ou tamén acudindo de xeito presencial ao Concello, para o que é preciso solicitar cita previamente chamando ao 981605001.  Podedes descargar os impresos dos anteriores enlaces ou solicitar unha copia no centro.

 

MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DO CONCELLO: PREMA AQUÍ.

 

Protocolo COVID-19. CEIP de Caión

Estamos de volta no cole e temos que adaptarnos a nova normalidade, seguindo as directrices marcadas pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia elaboramos o Plan de adaptación á situación Covid-19 axustado á realidade do noso centro. É un documento provisional sobre o que traballar, que está nunha versión bastante avanzada, mais non é a definitiva, polo que incorporaremos todas as novidades e reorganizaremos según esixa a realidade sanitaria do momento.

O protocolo podedes consultalo no seguinte enlace, que inclúe nos anexos o plan de contención e o plan de acollida. Tamén podedes consultar un resumo que presentaremos ás familias nas reunións de inicio de curso que se celebrarán antes do comezo das clases.

- Plan de adaptación á situación COVID-19 no curso 2020/21.

- Resumo do plan de adaptación.

A día de hoxe as instrucción son as de comezar as clases de maneira presencial o 10 de setembro o alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Primaria e o Venres 11 de setembro o resto do alumnado, estando pendente da evolución da pandemia e do que ditaminen as autoridades sanitarias. Polo que adxuntamos o noso calendario escolar que desexamos poder cumprir (faltarían os dous días non lectivos elexidos polos claustro).

Para resolver calqueira dúbida ou aportación podedes facela chamándonos ao teléfono 881880694 ou enviarnos un correo electrónico: ceip.caion@edu.xunta.gal.

COMEZO DAS CLASES GRADUAL E CALENDARIO ADAPTACIÓN EDUCACIÓN INFANTIL.

 

Estamos de volta no cole e temos que adaptarnos á nova normalidade, seguindo as directrices marcadas pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia estamos perfilando o Plan de adaptación á situación Covid-19 axustado á realidade do noso centro. É un documento provisional sobre o que traballar polo que incorporaremos todas as novidades e reorganizaremos según esixa a realidade sanitaria do momento. Mañá será presentado ao Consello Escolar e en canto estea aprobado será publicado (agardamos poder facelo o luns 7).

 

O VINDEIRO XOVES 10 DE SETEMBRO COMEZAN AS CLASES E O FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE COMEDOR E TRANSPORTE ESCOLAR.

 

Dada a situación especial que vivimos este curso, o comezo das clases será gradual, como indica a Resolución que establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21.

 

 Según dispón no seu punto único:

 

1. O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantll 1º, 2º e 3ºcurso de educación primaria.

 

 2. O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de educación infantl e 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.

 

De cara á unha boa adaptación do a alumnado de E.Infantil e acollidos ás instrucións do protocolo en contexto Covid19 nos centros escolares e as recomendacións do Calendario Escolar; este ano como excepcionalidade ante a pandemia, poderase realizar o período de adaptación en todos os cursos da etapa de Infantil.

 

 

Por este motivo é altamente recomendable que:

 

- O alumnado de nova incorporación (3anos) o leve a cabo debido á súa importancia cara un bo acollemento das rutinas escolares.

 

- Para alumnado de 4 e 5 anos período voluntario, por mor da falta de contacto co centro debido ao illamento sufrido dende marzo do curso pasado. Decisión de cada familia en función das circunstancias persoais e emocionais de cada neno/a.  Existe tamén a posibilidade de mandar a estealumnado a tempo completo de 9:30 a 14:30.

Agregamos 2 arquivos adxuntos co calendario de adpatación, que será diferente para cada unha das aulas de Infantil deo centro. Queremos lembrar que o grupo de 4º de infantil divídese, quedando distribuídos do seguinte xeito (como xa se vos informou en xuño):

Infantil 1 (4º-5º): Alumnado de 3 anos (novo),  Brais, Manuel Castro, Daniel, Manuel Otero e Adrián.

CALENDARIO PERÍODO DE ADAPTACIÓN INFANTIL 1 (4º-5º)

 

Infantil 2 (5º-6º):  Mateo, Valeria García, Mauro, Sabela, Miguel, Erin, Valeria Rojo, Inés, Lis e o alumnado de 6º de Infantil.

CALENDARIO PERÍODO DE ADAPTACIÓN INFANTIL 2 (5º-6º)

 

A Dirección.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut