O noso CEIP de Caión, como sabedes, está adscrito ao IES Agra de Leborís (A Laracha), isto quere dicir que os nosos alumnos/as poden reservar praza, si así o quixeren, neste instituto. O prazo de reserva é dende o día 11 de xaneiro ao 8 de febreiro, e debe entregarse a solicitude á titora no centro (formulario normalizado (ED550A) debidamente cumprimentada) ou a través da aplicación "admisiónalumnado" cuxo link é o seguinte https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
Os nenos/as que desexen ir a outro instituto non poden facer reserva de praza. Deberán presentar solicitude de admisión no centro da súa elección entre o 1 e o 20 de marzo.
Un neno/a que non reserve praza no IES Agra de Leborís (A Laracha) no prazo establecido perderá os seus dereitos sobre a mesma.
Así mesmo un neno/a que ten unha reserva presentada para o IES Agra de Leborís, non pode solicitar outro centro sen renunciar a súa reserva antes do 1 de marzo, pois perdería o dereito de prioridade en ambas.
O vindeiro venres 16 colaboraremos na limpeza organizada pola ADEGAsimultaneamente en varios puntos de Galicia os días 16 (para centros educativos) e 17 de outubro. As previsións meteorolóxicas son boas, polo que agardamos non ter que adiar a data.
Ante o gran problema que está a supoñer a contaminación dos nosos mares polo vertido indiscriminado de lixo e plásticos, parécenos de vital importancia inculcar no noso alumnado actitudes de respecto e coidado do medio ambiente, e coidamos que non haimellor maneira de facelo que atallando o problema dende o máis próximo, o que ven cada día.
Por esta razón recibimos a invitación por parte da ADEGA (Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia) de colaborar nesta IX Edición da limpeza de simultánea de praias e, ao sermos un centro educativo, farémola un venres.
O Concello da Laracha tamén colaborará dun xeito activo, facilitando medios e materiais precisos para que a limpeza poida facerse segura e eficazmente. Recomendamos a todo o alumnado que veña con lubas (a pesar de que o Concello aportará algúns de latex para quen non teña). Deste xeito xeraremos menos lixo e poderedes reutilizalos na casa para outras actividades.
Moi ao noso pesar, nesta ocasión non poderemos contar coa axuda e colaboración dos familiares do alumnado así como outros centros educativos e asociacións que axudaban outros anos, chegando a ser preto de 400 persoas na edición pasada. Farémolo de xeito adaptado á situación ocasionada polo Protocolo COVID, e cada clase recollerá as zonas asignadas a tal fin de xeito que non se mesturen entre elas.
A outra convocatoria municipal de axudas aos estudantes realízase excepcionalmente e ten por obxecto subvencionar a adquisición de material informáticoao longo do ano 2020. O programa está pensado especificamente para o alumnado que comprase ou vaia comprar antes de final de ano un ordenador persoal, tableta, impresora ou libro electrónico para adaptarse ás circunstancias da suspensión das clases presenciais desde o mes de marzo debido á Covid-19 e poder participar nelas de xeito telemático. Neste caso, a contía das axudas será de 200 euros por beneficiario.
O prazo de solicitude (20 días naturais) permanecerá aberto ata o 7 de outubro. Os impresos poden presentarse en liña a través da sede electrónica ou tamén acudindo de xeito presencial ao Concello, para o que é preciso solicitar cita previamente chamando ao 981605001. Podedes descargar os impresos dos anteriores enlaces ou solicitar unha copia no centro.