Skip to Content

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2016 / 2017

PREMEDE NA IMAXE PARA DESCARGAR A LISTAXE DE LIBROS DE EDUACIÓN PRIMARIA. LEMBRADE QUE O ALUMNADO DE ED. INFANTIL TRABALLARÁ SEN LIBROS.

 

Con respecto ao FONDO DE LIBROS (3º, 4º, 5º, 6º) publicaranse as listaxes provisionais de adxudicación o mércores 6 de xuño. Mantéñense os prazos de  dous días, para a reclamación ás listaxes provisionais, a partir da data de publicación, até o venres 8 de xuño ás 14:00, hora á que se publicará a listaxe definitava de adxudicación de exemplares.

Entrega de libros adxudicados: o martes 6 e mércores 7 de setembro.

AXUDAS LIBROS E FONDO SOLIDARIO CURSO 16-17.

Están convocadas, mediante o DOG do 1 de xuño, as axudas para a adquisición de libros de texto para o curso 2015-16. Teñen novedades importantes este ano. Máis información nos seguintes enlaces:

PARTICIPACIÓN PROGRAMA "MARCAPÁXINAS POLA SOLIDARIEDADE. SAVE THE CHILDREN"

 

A semana pasada fixemos efectivo o ingreso dos cartos recaudados por todos e todas aqueles nenos e nenas que participáchedes no programa da ONG Save the children: "Marcapáxinas pola solidariedade".

Aproveitando a conmemoración do día do libro, cada un dos alumnos a alumnas elaboraron uns cuantos marcapáxinas solidarios que, a súa vez, deberían vender nas súas casas ou pola rúa e así recaudar cartos que axudaran aos nenos e nenas máis desfavorecidos a través da ONG.  A participación foi moi elevada e recaudamos 291,40€.

MOITAS GRAZAS A TODO O ALUMNADO E AS SÚAS FAMILIAS!

LIP DUB 25 ANIVERSARIO CEIP DE CAIÓN

  

SÓ TEDES QUE PINCHAR NA IMAXE E XA PODEDES VER AS VECES QUE QUEIRADES, E COMPARTIR, O VÍDEO SORPRESA ESTREADO O SÁBADO 28 NO ACTO DE CELEBRACIÓN DO 25 ANIVERSARIO DO NOSO COLE. 

 AGARDAMOS QUE VOS GUSTE TANTO COMO A NÓS NOS PRESTOU GRAVALO!!

Distribuir contido


by Dr. Radut