Skip to Content

Listaxes Provisionais admisión 2018/2019

Publicamos a listaxes provisionais de admitidos para o próximo curso. As listaxes definitivas  publicaranse antes do 15 de maio. Lembrámoslles que o prazo para formalizar a matrícula é do 20 ao 30 de xuño.

A principios de xuño faremos a xornada de portas abertas á que serdes convidados telefónicamente.

No caso de atopar algún erro, ábrese un prazo de 10 días contados a partir da presente publicación, para subsanar posibles defectos de forma ou omisión.

 

Listaxe 4º de Educación Infantil. CEIP de Caión. CURSO 18/19.

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2018/19.

Dende o día 1 ao 20 do presente mes de marzo, poden proceder á solicitude de admisión para o novo alumnado. 

Teñen a súa disposición a solicitude na dirección do centro ou pode descargala no anterior enlace. Tamén existe a posibilidade de cubrir a solicitude online na aplicación da Xunta "admisionalumnado". En todo caso deberá ser presentada finalmente no centro.

 O proceso terá o seguinte calendario:

Calendario do proceso de admisión para o curso 2017/18
Publicación de vacantes 1 de marzo
Presentación de solicitude de admisión  Do 1 ao 20 de marzo
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos  Antes o 25 de Abril
Publicación de listaxes definitivas  Antes de 15 de maio
Formalización de matrícula  Do 20 ao 30 de xuño

  Solicitude de admisión: Do 1 ao 20 de marzo (premer para descargar e cubrir a solicitude)

  • Para alumnado que non está actualmente matriculado no centro. É dicir, novas matrículas para o curso 2018/19.

Documentación: Recomendamos entregar toda a documentación acreditativa de méritos puntuables no momento de presentación da solicitude de admisión para aplicar o baremo correspondente no caso de haber máis solicitudes que prazas.

  • Impresos de solicitude cumprimentados
  • Copia Dni dos pais e do alumno/a se o tivera
  • Copia do libro de familia
  • Tarxeta sanitaria
  • Folla de empadronamento de toda a unidade familiar
  • Condición de familia numerosa e/ou monoparental se procede
  • Xustificantes de concurrencia de minusvalía no alumno/a a matricular ou en titores/as ou irmáns do alumno/

  Formalización de matrícula: Do 20 ao 30 de xuño (premer para descargar e cubrir a solicitude)

Prazas vacantes
  EDUCACIÓN INFANTIL
Niveis 4º INFANTIL 5º INFANTIL 6º INFANTIL
Prazas ofertadas

25

3 (NEE)

4  5
  EDUCACIÓN PRIMARIA
Niveis 1º CURSO 2º CURSO 3º CURSO 4º CURSO 5º CURSO 6º CURSO
Prazas ofertadas 4  4  2 1 8 5

  HORARIOS 

HORARIO LECTIVO: 9:30h - 14:30h.

SAÍDA TRANSPORTE ESCOLAR: 14:30H

SERVIZO DE COMEDOR: De 14:30 a 16:00h

   SERVIZOS EDUCATIVOS COMPLEMENTARIOS

  • TRANSPORTE ESCOLAR: Servizo gratuíto para alumnado que vive a máis de 2 km do centro. As prazas libres poden ser solicitadas polo resto do alumnado pertencente a área de influenza do centro.
  • COMEDOR ESCOLAR:Servizo de pago que é xestionado pola ANPA. Os usuarios poden ser fixos, fixos-discontinuos ou esporádicos.
  • BIBLIOTECA - LUDOTECA -SALA DE ESTUDOS: (de valde) O alumnadoterá a súa disposición dende ás 16:00h ata as 18:00h de luns a xoves. Estas actividades son guiadas por profesorado do centro.
  • OUTRAS ACTIVIDADES (ANPA E CONCELLO): Ofertan distintas actividades de pago ou de valde segundo demanda en horario de 16:00h a 18:00h.

 OUTRAS INFORMACIÓNS DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2018-2019

-DECRETO 254/2012 ( Admisión de alumnado en centros docentes).

-ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado.

-ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos público.

-Resultado do sorteo anual de letras de prioridade

-INSTRUCIÓN sobre o rexistro de solicitudes de admisión.

- INSTRUCIÓNS da Xefatura Territorial 2018-2019.

- INSTRUCIÓNS da Dirección Xeral de Centros 2018/2019.

-Enlace á web da Xunta con información sobre o procedemento.

 
-Enlace á aplicación de solicitude de praza admisionalumnado da Xunta.
 

RESERVA DE PRAZA DO ALUMNADO NO IES AGRA DE LEBORÍS

RESERVA DE PRAZA NO IES AGRA DE LEBORÍS

O noso CEIP de Caión, como sabedes, está adscrito ao IES Agra de Leborís (A Laracha), isto quere dicir que os nosos alumnos/as poden reservar praza, si así o quixeren, neste instituto. O prazo de reserva é dende o día 1 ó 15 de febreiro, e debe  entregarse a solicitude dirección do centro (formulario normalizado (ED550A) debidamente cumprimentada) ou a través da aplicación "admisiónalumnado" cuxo link é o seguinte https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Os nenos/as que desexen ir a outro instituto non poden facer reserva de praza. Deberán presentar solicitude de admisión no centro da súa elección entre o 1 e o 20 de marzo.

Un neno/a que non reserve praza no IES Agra de Leborís (A Laracha) no prazo establecido perderá os seus dereitos sobre a mesma.

Así mesmo un neno/a que ten unha reserva presentada para o IES Agra de Leborís, non pode solicitar outro centro sen renunciar a súa reserva antes do 1 de marzo, pois perdería o dereito de prioridade en ambas.

 

IMPRESO RESERVA

 

ORDE 12 DE MARZO DE 2013

ORDE 25 DE XANEIRO DE 2017

"UNHA VISITA ESPaeCIAL". CURTAMETRAXE DE 1º E 2º.

Por fin, temos o placer de amosarvos a versión final da gran obra de arte realizada polo alumnado do noso centro, máis concretamente polo alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, coa inestimable co-dirección dos seus mestres: Patricia e Jose.

Agardamos que gocedes da súa capacidade artística tanto coma nós! Parabéns aos artistas que temos no noso centro! O alumnado foi o encargado de facer todo o proceso, feito que lle da máis mérito, se cadra...

Distribuir contido


by Dr. Radut