Dende o día 1 ao 20 do presente mes de marzo, poden proceder á solicitude de admisión para o novo alumnado.
Teñen a súa disposición a solicitude na dirección do centro ou pode descargala no anterior enlace. Tamén existe a posibilidade de cubrir a solicitude online na aplicación da Xunta "admisionalumnado". En todo caso deberá ser presentada finalmente no centro.
O proceso terá o seguinte calendario:
Calendario do proceso de admisión para o curso 2017/18 | |
Publicación de vacantes | 1 de marzo |
Presentación de solicitude de admisión | Do 1 ao 20 de marzo |
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos | Antes o 25 de Abril |
Publicación de listaxes definitivas | Antes de 15 de maio |
Formalización de matrícula | Do 20 ao 30 de xuño |
Solicitude de admisión: Do 1 ao 20 de marzo (premer para descargar e cubrir a solicitude)
- Para alumnado que non está actualmente matriculado no centro. É dicir, novas matrículas para o curso 2018/19.
Documentación: Recomendamos entregar toda a documentación acreditativa de méritos puntuables no momento de presentación da solicitude de admisión para aplicar o baremo correspondente no caso de haber máis solicitudes que prazas.
- Impresos de solicitude cumprimentados
- Copia Dni dos pais e do alumno/a se o tivera
- Copia do libro de familia
- Tarxeta sanitaria
- Folla de empadronamento de toda a unidade familiar
- Condición de familia numerosa e/ou monoparental se procede
- Xustificantes de concurrencia de minusvalía no alumno/a a matricular ou en titores/as ou irmáns do alumno/
Formalización de matrícula: Do 20 ao 30 de xuño (premer para descargar e cubrir a solicitude)
Prazas vacantes | ||||||
EDUCACIÓN INFANTIL | ||||||
Niveis | 4º INFANTIL | 5º INFANTIL | 6º INFANTIL | |||
Prazas ofertadas |
25 3 (NEE) |
4 | 5 | |||
EDUCACIÓN PRIMARIA | ||||||
Niveis | 1º CURSO | 2º CURSO | 3º CURSO | 4º CURSO | 5º CURSO | 6º CURSO |
Prazas ofertadas | 4 | 4 | 2 | 1 | 8 | 5 |
HORARIOS
HORARIO LECTIVO: 9:30h - 14:30h.
SAÍDA TRANSPORTE ESCOLAR: 14:30H
SERVIZO DE COMEDOR: De 14:30 a 16:00h
SERVIZOS EDUCATIVOS COMPLEMENTARIOS
- TRANSPORTE ESCOLAR: Servizo gratuíto para alumnado que vive a máis de 2 km do centro. As prazas libres poden ser solicitadas polo resto do alumnado pertencente a área de influenza do centro.
- COMEDOR ESCOLAR:Servizo de pago que é xestionado pola ANPA. Os usuarios poden ser fixos, fixos-discontinuos ou esporádicos.
- BIBLIOTECA - LUDOTECA -SALA DE ESTUDOS: (de valde) O alumnadoterá a súa disposición dende ás 16:00h ata as 18:00h de luns a xoves. Estas actividades son guiadas por profesorado do centro.
- OUTRAS ACTIVIDADES (ANPA E CONCELLO): Ofertan distintas actividades de pago ou de valde segundo demanda en horario de 16:00h a 18:00h.
OUTRAS INFORMACIÓNS DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2018-2019
-DECRETO 254/2012 ( Admisión de alumnado en centros docentes).
-ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado.
-Resultado do sorteo anual de letras de prioridade
-INSTRUCIÓN sobre o rexistro de solicitudes de admisión.
- INSTRUCIÓNS da Xefatura Territorial 2018-2019.
- INSTRUCIÓNS da Dirección Xeral de Centros 2018/2019.
-Enlace á web da Xunta con información sobre o procedemento.