Skip to Content

CALENDARIO ESCOLAR. CURSO 2018/2019.

 No portal da Consellería tedes toda a información ao respecto sobre o calendario escolar.

 Facémosvos saber que os días non lectivos escollidos e aprobados polo Consello Escolar para este curso son:

  •  O venres 02 de novembro
  • O luns 20 de maio.

 O calendario escolar para o presente curso no CEIP de Caión será este. Facede click na imaxe para descargalo en formato .pdf.

 

O CEIP de Caión colaborará na Limpeza simultánea de praias o 19 de outubro de 2018.

O vindeiro venres colaboraremos na limpeza organizada pola ADEGA simultaneamente en varios puntos de Galicia os días 19 (para centros educativos) e 20 de outubro.

Ante o gran problema que está a supoñer a contaminación dos nosos mares polo vertido indiscriminado de lixo e plásticos, parécenos de vital importancia inculcar no noso alumnado actitudes de respecto e coidado do medio ambiente, e coidamos que non hai  mellor maneira de facelo que atallando o problema dende o máis próximo, o que ven cada día.

Por esta razón recibimos a invitación por parte da ADEGA (Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia) de colaborar nesta VII Edición da limpeza de simultánea de praias e, ao sermos un centro educativo, farémola o venres 19, de 10:00 a 13:00 horas. Levaremos a cabo, á súa vez, o rol de coordinadores de diversas asociacións e empresas que teñen gran vinculación co mar de Caión e que non dubidaron en acudir á nosa chamada (empresas de surf e náutica da nosa vila).

O Concello da Laracha tamén colaborará dun xeito activo, facilitando medios e materiais precisos para que a limpeza poida facerse segura e eficazmente.

Agardamos contar co maior número posible de voluntarios/as polo que, se queredes colabrar, non dubidedes en poñervos en contacto con nós para coordinar mellor as nosas forzas por calquera destas vías:

  • Teléfono: 881880694
  • e-mail: ceip.caion@edu.xunta.es

 

 

RESULTADOS DA RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Xa temos a resposta dos alimentos recollidos no noso centro.

Esta é a resposta que dende o Banco de Alimentos Rías Altas nos fixeron chegar:

"Te adjunto el albarán con el reflejo de la recogida de alimentos efectuada ayer en el CEIP DE CAION,

Nuestro más sincero agradecimiento por vuestro compromiso solidario con las personas más desfavorecidas.

Un abrazo y felices vacaciones.

César de la Fuente
Voluntario
(Coordinador Centros Educativos)"

 

MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POLA COLABORACIÓN!!

AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 18-19

Axudas de libros CEIP DE CAIÓNEstán convocadas, mediante o DOG do 21 de maio as axudas para a adquisición de libros de texto para o curso 2018-19. Teñen novedades importantes este ano.
 
Distribuir contido


by Dr. Radut