O vindeiro venres colaboraremos na limpeza organizada pola ADEGA simultaneamente en varios puntos de Galicia os días 19 (para centros educativos) e 20 de outubro.
Ante o gran problema que está a supoñer a contaminación dos nosos mares polo vertido indiscriminado de lixo e plásticos, parécenos de vital importancia inculcar no noso alumnado actitudes de respecto e coidado do medio ambiente, e coidamos que non hai mellor maneira de facelo que atallando o problema dende o máis próximo, o que ven cada día.
Por esta razón recibimos a invitación por parte da ADEGA (Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia) de colaborar nesta VII Edición da limpeza de simultánea de praias e, ao sermos un centro educativo, farémola o venres 19, de 10:00 a 13:00 horas. Levaremos a cabo, á súa vez, o rol de coordinadores de diversas asociacións e empresas que teñen gran vinculación co mar de Caión e que non dubidaron en acudir á nosa chamada (empresas de surf e náutica da nosa vila).
O Concello da Laracha tamén colaborará dun xeito activo, facilitando medios e materiais precisos para que a limpeza poida facerse segura e eficazmente.
Agardamos contar co maior número posible de voluntarios/as polo que, se queredes colabrar, non dubidedes en poñervos en contacto con nós para coordinar mellor as nosas forzas por calquera destas vías:
- Teléfono: 881880694
- e-mail: ceip.caion@edu.xunta.es