O noso blog de Dinamización Lingüística
Artigos recentes
Blogue do EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA | hai 14 anos 12 semanas |
Actividades sobre Roberto Vidal Bolaño para Educación Infantil e 1º Ciclo de Ed. Primaria | hai 11 anos 6 semanas |
Actividades sobre Roberto Vidal Bolaño para 2º Ciclo de Ed. Primaria | hai 11 anos 6 semanas |
Actividades sobre Roberto Vidal Bolaño para 3º Ciclo de Ed. Primaria | hai 11 anos 6 semanas |
Revista "Ollos de auga" | hai 9 anos 17 semanas |
III FESTA DAS PALABRAS
Hoxe, xoves 26 de maio, ás 20:30 no Teatro Principal da Estrada, serán entregados os premios aos 62 rapaces e rapazas gañadoras nesta edición do III Concurso de micropoemas e microrrelatos, que neste ano de Manuel María debían incluír as palabras ORBALLO e GAIOLA.
O pradriño desta edición será o escritor e mestre estradense David Otero e será amenizado coa música do grupo estradense NAI.
O pasado venres presentouse o libro no que se recollerán os traballos gañadores, cuxa portada e marcapáxinas foron realizados pola deseñadora estradense Rosa de Cabanas. Como novidade nesta III edición, a publicación inclúe 14 ilustración realizadas polo alumnado de infantil dos sete colexios de primaria da Estrada.
Nesta imaxe vemos os premiados e premiadas do noso cole.