Skip to Content

    Novas

  ∎  Aula Virtual

∎  ∎   Álbum


Reunión informativa de principio de curso coas familias: Martes 8 de Setembro

Bos días a todas as familias! Son Emilia, a nova mestra do CEIP de Bemantes e estou encantada de comezares esta aventura convosco. 

Este curso trae moitos cambios e moita incerteza, pero colaborando xuntos de seguro que conseguimos facer o mellor desta situación. 

Antes do comezo oficial do curso, imos ter unha reunión xuntos para presentarme, informarvos de como traballaremos este ano, das medidas que imos tomar este curso e que poidamos solventar todas as dúbidas que de seguro tedes.  

É moi importante que asistades todas as familias (só unha persoa por familia: nai, pai ou titor/a legal) xa que será tamén unha reunión formativa sobre o protocolo COVID que imos seguir. Teredes que traer máscara e un boligrafo propio. Os nenos, neste caso, non poderán asistir á reunión. 

A reunión terá lugar o Martes 8 de Setembro. 

Faremos dúas quendas de 6 familias cada unha: unha en horario de mañá (10:30) e outra en horario de tarde (18:00).

Para escoller a vosa quenda tedes que marcar o horario que queredes completando o formulario que ides recibir no email (se non vos deixa escoller unha das opcións é que xa está chea).  Se tedes algún problema ao facelo non dubidedes en escribir ao correo electrónico do cole. 

Ademáis, mandarei estes días unha enquisa inicial ás familias que agradecería que me contestárades.

 

Unha aperta moi grande a tod@s e vémonos pronto. 

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID NO CURSO 2020-2021

Protocolo de adaptación ao contexto da COVID da Consellería de Educación e da de Sanidade.

Calendario Escolar

Este é o calendario escolar para o curso 2020-2021

Orde do 25 de xuño de 2020

Distribuir contido


by Dr. Radut