Skip to Content

  ∎  Aula Virtual

    Novas

∎  ∎   Álbum

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 23/24

 

 

Prema nas ligazons para obter a información sobre o proceso:

 

NORMATIVA REGULADORA:

 

 

- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

 

- DecretoDecreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

 

· CALENDARIO PROCEDEMENTOS:

 

 

Presentación solicitude de admisión  Do 1 ao 20 de Marzo

Publicación listaxes provisionais de admitidos e non admitidos  25 abril

Reclamación listaxes provisionais 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación das listaxes provisionais. Do 26 de abril ao 3 de maio.

Publicación listaxes definitivos de admitidos e non admitidos 15 de Maio

Reclamación listaxes definitivas 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación das listaxes definitivas. Do 16 ao 23 de maio.

Formalización matrícula EI, EP: Do 20 ao 30 de Xuño.

 

· CENTRO ADSCRITO: CPI CASTRO BAXOI

 

 

· NOTA INFORMATIVA:

 

 

1º. Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar. Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.

 

2º. O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.

 

3º. En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento

nos termos previstos no artigo 8.

 

4º O CEIP de Bemantes, non dispón de Servizos Complementarios de transporte nin de comedor.

 

5º No CEIP de Bemantes a escolarización abrande dende 4º de Educación Infantil ata 2º curso de Educación Primaria (incluido)

 

· PRAZAS VACANTES OFERTADAS PARA O CURSO 2023/24

  • 5 prazas vacantes.

· HORARIO DE ATENCIÓN e RECOLLIDA

Para solicitar más información e entregar toda a documentación serán atendidos os luns no centro en horario de 9:00h - 11:30.

 

 

 

 

 

 

 



story | by Dr. Radut