Skip to Content

  ∎  Aula Virtual

    Novas

∎  ∎   Álbum

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 24/25

· Calendario :

 Prazo Presentación Solicitudes de Admisión:Do 1 ao 20 de marzo ás 14:00h.

Na aplicación online(2.2.2) , na Sede Electrónica ou presencialmente no centro;

Anexo ED550B, + libro de familia ou DNI do alumno/a, así como certificado de escolarización e convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso .

 Prazo Presentación Documentación Xustificativa: Do 2 ao de 15 abril ás 14:00h.(cando a demanda de prazas sexa superior á oferta deberase presentar documentación: padrón, ...)

 Publicación listas provisionais de admitidos e non-admitidos: Antes do 25 de abril

Prazo reclamación: 5 días hábiles a partir do día seguinte a súa publicación. 

 Publicación listas definitivas de admitidos e non-admitidos: Antes do 15 de maio

Prazo de reclamación: un mes a partir do día seguinte a publicación deberá presentar recurso de alzada ante a xefatura territorial.

 Formalización de Matrícula: Do 20 ao 30 de xuño (presentación do anexo III) no centro.

 

 Centros adscritoCPI CASTRO BAXOI.

 

 · Área de Influencia:

 A área de influencia deste centro é o concello de Miño. 

 

· Nota informativa:

 1º Cada alumno/a so pode presentar UNHA ÚNICA SOLICITUDE no centro que solicite praza en primeiro lugar.

A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 2º O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 3º O alumnado que ten reserva nun centro (adscrito), se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia a reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

4º A falsidade nos datos achegados poderá determinar a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

5º O C.E.I.P. de Bemantes non dispón de servizos complementarios de transporte nin comedor.

6º Este centro abrande os cursos do segundo ciclo de Educació Infantil e o 1º e 2º curso de Educación Primaria.

 

7º No caso de renuncia, a marxe da comunicación no centro, deberá cumprimentar unha nova solicitude en prazo e cubrir datos solicitados no recadro "supostos específicos"

· Prazas vacantes ofertadas para o curso 2024/2025:  

 4 prazas.

 

· Horario de atención e recollida:

Poden achegarse ao centro os luns e xoves dende as 9:00h as 11:30h para entrega de toda a documentación mentres dure o proceso.

· Normativa Reguladora:

*Decreto 13/2022, do 3 de febreiro: procedemento de admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos.

* Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o D. 13/2022 .

 

* Información sobre o baremo.

 

* Información baremo criterio complementario

 



story | by Dr. Radut