Skip to main content

LIBROS DE TEXTO CURSO 2021/22

Aquí podes consultar os libros de texto para o curso 2021/22

Premer en adxunto para ver o listado completo de tódolos cursos

 

 

 

 

 

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021-22

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021-22

 

Enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-070521-0001_gl.pdf

GALA ANTI-COVID COMARCA DO CARBALLIÑO

HORARIOS ESPELLO

Posted in

HORARIO ESPELLO

Publicamos os horarios de 3º, 4º e 5º de Primaria a  seguir en caso de confinamento.

O obxectivo será manter en todo momento o proceso de ensinanza-aprendizaxe de xeito telemático(a través de videoconferencias e da aula virtual) e organizado  no caso de que as clases presenciais fosen suspendidas.

 

Enlace: HORARIO ESPELLO

BLOG DO CENTRO C.E.I.P BEARIZ

Posted in

Neste enlace teredes acceso ao blog do centro no que se irán subindo as distintas actividades que van facendo os nenos e nenas ao longo do curso.

 

https://ceipdebeariz.blogspot.com/

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 PARA O CURSO 2020-2021

Posted in

ULTIMA VERSIÓN PROTOCOLO COVID DA XUNTA DE GALICIA

PROTOCOLO COVID CEIP BEARIZ

Posted in

Plan Covid

COMEDOR 2020/21

Posted in

ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS.

Posted in
26/05/2020 11:58
Europe/Madrid

Modificación das programacións terceiro trimestre:

 

Por mor do estado de alerta provocado pola pandemia do COVID-19 adaptáronse as programacións didácticas por requirimento da inspección educativa. Unha vez revisadas e aprobadas queda aquí o enlace a cada unha delas.

Estarán dispoñibles sempre no apartado de secretaria.

INFANTIL:

4º DE INFANTIL:

5º DE INFANTIL:

6º DE INFANTIL:

RELIXIÓN 4º DE INFANTIL

RELIXIÓN 5º DE INFANTIL

RELIXIÓN 6º DE INFANTIL

PRIMARIA:

1º DE PRIMARIA

3º DE PRIMARIA:

4º DE PRIMARIA:

6º DE PRIMARIA:

EDUCACIÓN ARTÍSTICA:

EDUCACIÓN FÍSICA:

RELIXIÓN 3º PRIMARIA:

RELIXIÓN 4º PRIMARIA:

RELIXIÓN 6º PRIMARIA:

INGLÉS PRIMARIA E INFANTIL:

Fondo solidario de libros de texto para o curso escolar 2020/21.

Posted in

Estimados pais e nais:

 En relación ás axudas para libros de texto e material escolar para o vindeiro curso escolar 2020/2021 infórmolles que a orde do 12 de maio (DOG do 19 de maio de 2020) recolle o procedemento polo que se levarán a cabo ambas solicitudes e o procedemento de devolución dos libros, tanto os recibidos do fondo solidario como os adquiridos das axudas do 2019/2020.

 Devolución de libros de texto

Debido as circunstancias motivadas polo COVID- 19, a devolución e recollida dos libros do curso 2019- 2020 poderá realizarse ata o 7 de xullo.

 Participación:

Hai diferentes modalidades :

Os alumnos de 1ºe  2º recibiran axudas para adquisicións de libros e os de 3º,4º,5º e 6º participarán no fondo solidario de libros.

 Os alumnos/as que cursarán 3º,4º, 5º e 6º EP e 1º, 2º 3º e 4º da ESO  no próximo cursousarían os libros  dos alumnos/as dos cursos anteriores e nos cursos que non chegaran habería que completar exemplares mediante adquisición complementaria.

 Os libros de 3º, 4º, 5º e 6º teñen que mantelos en bo estado porque a final de curso serán devoltos ao Centro para ser reutilizados por outros alumnos/as.

 A continuación poño no voso coñecemento os seguintes datos con respecto á solicitude das axudas para os libros de texto:

Forma de presentación:Na convocatoria actual, igual que no curso anterior, poderán realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros, https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

• Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentarana no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación

• Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia

 Prazo para a presentación de solicitudes ata o 19 de xuño.

 Documentación:

Solicitude: será única para ambas axudas(libros e material) e para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente e será proporcionada polo centro ou poderase descargar en formato pdf e electrónico na dirección electrónica https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

 As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía eléctronica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática.

 Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Copia do libro de familia que figuren tódolos membros da unidade familiar
  •  No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar deberá presentarse o documento emitido polo organismo competente que acredite esta circunstancia a 31 de decembro de 2018
  •  En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou     convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da neno/a.

 

ASIGNACIÓN DE LIBROS E CONTÍA DE AXUDAS

Alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros: 210 euros (1º e 2ª de Educación Primaria) e 6 libros de texto (3º,4º,5º, e 6º de Educación Primaria).

 Alumnado con renda per cápita superior a 6000 euros e igual ou inferior a 10.000 euros: 140 euros (1º e 2ª de Educación Primaria) e 4 libros de texto (3º,4º,5º, e 6º de Educación Primaria).

 A contía da axuda para adquirir material escolar destinado o alumnado matriculado en primaria con renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros será de 50 euros.

 RENDA PER CÁPITA DA UNIDADE FAMILIAR

 Renda per cápita da unidade familiar: renda da unidade  familiar do exercicio fiscal 2018 dividida entre o número de membros computables.

 - Para os efectos do cálculo da renda per cápita, computarán por dous os membros da unidade familiar que figurando na solicitude que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 %, que acrediten unha pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez ou que teñan recoñecida a condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

- A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas.Na declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2018, sumarase base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro ( recadro 460);cando non a presentase, teranse en conta os ingresos  de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Para ter máis información sobre as ditas axudas poden dirixirse telefónicamente ao Centro ou consultalo no portal educativo www.edu.xunta.es, ou no DOG do día 19 maio de 2020

Listaxes definitivas Fondo Solidario de Libros de Texto curso 2018-2019

A continuación publícanse as listaxes definitivas para o Fondo Solidario de Libros de texto do curso 2018-2019.

 

 

Calendario Escolar curso 2018-2019

Posted in

De acordo coa Orde do 28 de maio de 2018, pola que se regula o calendario  escolar para Galicia do curso 2018-2019, as clases de Educación Infantil e Primaria iniciaranse o día 12 de setembro de 2018.

 

 

Listaxes provisionais de admitidos e excluídos nas axudas do fondo de libros.

PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS

Orde do 9 de maio de 2018 (DOG do 21/05/2018)

PROCEDEMENTO

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

CÓDIGO DO PROCEDEMENTO

ED33OB

Libros de texto curso 2018-2019

A continuación publícase a listaxe de libros de texto para o curso 2018-2019.

Listaxe Educación Infantil 

4º Educación Infantil

PAPELIÑOS, EDUCACIÓN INFANTIL 3 ANOS

EDITORIAL XERAIS

ISBN: 9788499141152

Prazos fondo de libros

Estimadas familias:

Informámosvos dos prazos dos procedementos para a participación do fondo solidario de libros e  axudas pra material escolar do curso 2018-2019.

PRAZOS EDUCACIÓN PRIMARIA

Presentación de solicitudes

Festa de fin de curso

O pasado mércores 20 de xuño celebramos no cole a fin do curso cunhas atraccións interactivas e uns talleres de tatuaxes e chapas. Houbo alguén que se emocionou tanto cos talleres que acabou cheo de chapas e tatuaxes. 

Excursión á Cidade da Coruña

O pasado martes 19 de xuño o noso alumnado realizou unha visita cultural á cidade da Coruña. Alí visitaron a Casa das Ciencias e o Planetario, o DOMUS e o Acuario. Foi unha viaxe moi longa, pero os nosos nenos e nenas aguantaron coma campións. Foi un día espléndido no que nos acompañou o bo tempo. 

 

Renovamos o noso cole

Posted in

O pasado día 9 de xuño renovamos o interior do noso cole para facelo un pouco máis acolledor e bonito. Démoslle luz e cor coa nova decoración e puxemolo un pouco máis á moda.

 

Remate das clases

Posted in

 

Estimadas familias:

Informámosvos de que o xoves 21 de xuño rematan as clases deste curso escolar. O horario do alumnado será o habitual en xuño, incluíndo servizo de comedor. Ese mesmo día faremos tamén a entrega das notas.

Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para o material do curso 2018-2019.

Posted in

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 De acordo coa Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2018-2019, abriu o prazo de presentación de solicitudes, que poderá ser:

Horario de xuño

Posted in

 

Estimadas familias:

Lembrámosvos de que, ao igual que en anos anteriores, a partir deste venres 1 de xuño e ata o remate das clases, iniciaremos a xornada continua, polo que o horario de clases do alumnado será de 9:00h a 14:00h.

 O servizo de comedor vai incluído neste horario.

Un saúdo,

A Responsable do centro.

 

 

 

Aprendemos hábitos de vida saudable

O martes 22 recibimos unha charla sobre os hábitos necesarios para ser mozos e mozas saudables. Algunhas das recomendacións que nos deron foron comer de todo, vixiando os excesos de azucres e graxas e aprendimos como comer equilibradamente. Tamén nos aconsellaron durmir entre 8 e 10h diarias, facer deporte e relacionarnos cos nosos compañeiros e compañeiras. Xogamos uns xogos relacionados coa temática, e por portarnos tan ben déronnos uns agasallos moi chulos. 

 

Celebración do Día das Letras Galegas

O pasado mércores 16 de maio celebramos no colexio o Día das Letra Galegas que este ano conmemora á escritora Mª Victoria Moreno Márquez. Para iso, os rapaces e rapazas agrupáronse en 3 grupos e tiveron que resolver varias probas sobre a vida da autora para poder coñecela un pouco mellor. Despois, elaboramos un mural tamén sobre ela, o cal represetaba unha das obras da autora: "Mar adiante". Aprendimos un montón e puidemos coñecer un pouco máis a Mª Victoria, quen sendo estremeña, namorouse de Galicia e da súa fala, sendo un gran exemplo para nós. 


O Salgueiriño Estudante e as flores por vir

A semana pasada, aproveitando o bo tempo e os inicios da primavera, plantamos, coa axuda do mestre de Relixión, a árbore que nos enviou a Deputación de Ourense para conmemorar o día da Árbore e a Auga. A árbore é un salgueiro que se chama Camilo Séptimo, xa que os rapaces e rapazas decidiron chamalo así. Confiamos en que as súas raíces sexan teimudas e consiga crecer moito para dar sombra nos veráns. 

Tamén, aproveitando que estivemos aprendendo xardinería cultivamos uns rosais de cores diferentes para decorar un pouco a fachada do colexio e uns bulbos que esperamos que florezan pronto para gabarnos de ter mans verdes.

Velaí tendes algunhas fotos.


Día do Libro

O pasado 23 de abril celebramos na Biblioteca do Concello o Día do Libro. Esta festividade, que conmemora a morte de Miguel de Cervantes de Saavedra e William Shakespeare, entre outros escritores famosos; serve para motivar a nenos e nenas a adquirir hábitos lectores e gozar da lectura. Para iso, na biblioteca escribimos nun mural qué é para nós un libro. 

Tamén contamos coa participación de pais e nais do alumnado, que nos leron algún conto ou libro. Asemade fixeron acto de presencia varias personalidades importantes, coma o alcalde do Concello de Beariz, Manuel Prado, quen nos honrou cun pouquiño do seu tempo e nos leu un relato de Rafael Dieste, co que puidemos reflexionar. 

Foi un día moi productivo e aprendemos varias moralexas a partir dos contos que nos leron.

Podedes ver algunhas fotos na seguinte presentación

 

 

Vacacións de Semana Santa

Posted in

Estimadas familias:

Informámosvos de que do 26 de marzo ao 2 de abril, ambos incluídos, serán días non lectivos, polo que non haberá clases.

As clases retomaranse o día 3 de abril con normalidade.

 Recibide un cordial saúdo e pasade unha boa Semana Santa.

Día da auga e da árbore na Ínsua dos Poetas

O xoves 22 de marzo celebramos o Día da Árbore, da Auga e da Poesía, na Insua dos Poetas, preto do Carballiño.

Participamos oito centros educativos: IES nº 1, IES Manuel Chamoso Lamas, os CPR Colexio Sagrado Corazón e Vila do Arenteiro, o CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo, e o CEIP Nosa Señora de Xuvencos - Boborás, e como centro convidado, o colexio CPR Santa María de Ourense. O acto foi organizado polo CEIP Nosa Sra de Xuvencos (Boborás), e contou coa asistencia de numerosas autoridades.

Cada centro elixiu unha palabra vencellada coa auga e despois realizou unha actividade relacionada coa mesma. Así, léronse textos dramatizados, cantáronse cancións e se realizaron coreografías.

A palabra que escollemos en Beariz foi PINGUIÑAS porque, aínda que son diminutas,coa súa constancia chegan a formar lagos, charcos e mesmo manantiais, e os galegos e galegas temos a mesma constancia que teñen as pinguiñas de auga.

Ao rematar as representacións, plantamos unha árbore fronte ao escenario da Ínsua dos Poetas, é un carballo americano que esperamos que medre moito nos vindeiros anos.

Estivo presente a TVG que retransmitiu en directo para o programa A Revista e tamén saímos no telexornal da TVG. Tendes máis abaixo un enlace ao telexornal do día 22/03/18 e algunhas fotos do evento.

No TELEXORNAL DO MEDIODÍA a partir do minuto 34:51 http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/telexornal-mediodia-3689670

Convivencia 2018

O mércores 21 de marzo fomos ata ao colexio de O Irixo para formar parte da Convivencia con outros centros da zona como o CEIP Nosa Señora de Xuvencos (Boborás) e o CEIP Plurilingüe Eulogio Gómez Franqueira de San Amaro. 

Déronnos unha calorosa benvida e fomos directamente ao asunto. Os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º de Primaria participaron no "torneo" de Fútbol Sala para o Deporte Escolar e, aínda que perderon o primeiro partido, gañaron dous. Temos uns xogadores de fútbol expertos.

Mentres tanto, o alumnado de Infatil participou nun contacontos e os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria formaron parte dunha actividade con gallo do día da Poesía. 

O bo tempo acompañounos e, apesares de ser un día un pouco fresco, o sol foi espléndido, permitíndonos xogar e xantar no patio. Despois formarmos parte da cadea humana para carrexar o penso recadado polos catro coles, a fin de entregarllo ás encargadas da Protectora de Animais do Carballiño (PACA). E, para rematar, bailamos a GLOBAL MUIÑEIRA todos xuntos. Quedounos xenial!!! Foi un día magnífico!!!

Aquí tendes un enlace a un vídeo sobre as actividades da Convivencia realizado polo CEIP Virxe da Pena da Sela (O Irixo).

https://drive.google.com/file/d/14svhx4gKACOZONfG9i5uaHRz_SQtC3O8/view 

 

Visitamos CastroDeza

O pasado martes 20 de marzo visitamos CastroDeza en Lalín onde aprendimos dun xeito interactivo, moderno e divertido un pouquiño máis sobre a cultura castrexa. Traballamos con barro e mesmo aprendemos a empregar unha fusaiola e o liño nun especie de tear. 

Pasámolo moi ben e desfrutamos moitísimo!!

Aquí tendes algunhas fotos da visita.

Distribuir contido