Supoño que cada día mellor... e xa queda pouquiño para as vacacións.
Dende Música, EF e coa colaboración dos vosos titores e titoras propoñemosvos a preparación dun:
"FESTIVAL FIN DE CURSO VIRTUAL"
Mirade o video, escoitade, observade e bailade con alegría e cando estedes preparados e preparadas enviade o video ao voso profe ou a min, antes do 14 de xuño.
Participade e millóns de grazas rapazada e FAMILIAS!!!
Os paseiños estannos indo moi ben, pero seguro que na corentena a postura corporal despistousenos un pouquiño.Deixo un documento adxunto para recordar e algún video para ver e para BAILAR.
A proposta é a seguinte, facelo se vos animades:
Enviádeme algunha fotiño onde se vexa a postura correcta, ou facer algún debuxo explicativo.
Unha nova semana para desfrutar facendo educación física.Como ides vendo podemos pasalo moi ben con moi pouquiñas cousas, esta vez necesitamos unha vasoira o un pau e podedes empregar o mesmo pao con que algún fixo a Billarda.
Deixo uns enlaces para que vexades e desfrutedes.Enviádeme fotiños ou videos ó móbil ou solicitádeme o teléfono no meu correo begonalo@edu.xunta.es
Esta semana estamos de celebración moi especial e a gran semana das LETRAS GALEGAS!!!
Ata agora recordamos moitos dos nosos xogos populares:Zoadeira, billarda, chapas, mariola, xogo de palmas...
Pois agora imaxinade que facemos un patio virtual no cole e saímos a xogar todos xuntos e xuntas ...desfutade cos xogos na rúa agora que podedes sair.
Pero un día de festa ten que rematar coa boa música da nosa terra e cun bo baile, por iso o traballiño da semana e intentar aprender algún paso da MUÑIEIRA.Deíxovos un par de videos e practicade moito para bailar cando nos poidamos xuntar.
Querovosss!
O meu correo é begonalo@edu.xunta.es para que me enviedes fotos ou para que vos pase o meu teléfono para enviarme videos...
Que tal rapazada? Supoño que moito mellor xa que saimos a dar algún paseiño.
Deíxovos algunha actividade para facer.
Como sabedes nestas datas celebramos unha festa moi nosa que chamamos "OS MAIOS", aquí tedes un video para bailar e practicar, bailade,bailade...!!
E tamén engado "O xogo das chapas" que xa xogamos algunha vez, podemos facer circuitos, podemos facer lanzamentos, podemos practicar punteria.,podemos pegar os nosos debuxos enrriba da chapa...Podemos pasalo MOI MOI BEN!!!
E recordade o meu correo é begonalo@edu.xunta.es e podedes enviarme fotos, videos ou pedirme o teléfono para que me enviedes os video xogando ou bailando.