Skip to Content

Xoves 11/06/2020 - CN e LG

Bo día, rapazolos e rapazolas!

Penúltimo día de clase ordinaria! Queda pouquísimo! Imos aló rapidamente:

 

CN:

Rematamos hoxe o tema das máquinas. Toca ver as máquinas compostas.

Primeiro, mirade este vídeo no que repasamos o que son as máquinas simples e vemos o que son as compostas:

https://www.youtube.com/watch?v=0j5nCLML-PQ

Abride o PDF. Na páxina 101 do libro de CN vos explica como evolucionaron as máquinas co paso do tempo. Neste vídeo podedes ver algún exemplo máis:

https://www.youtube.com/watch?v=0j5nCLML-PQ

A semana que vén imos facer máquinas simples desde casa así que ide gardando caixiñas de cartón, palillos, cordiñas... Xa veredes!

 

LG:

El LG imos ver o que son as palabras compostas. É moi doado... Veredes... Se eu vos pregunto que é un "afialapis", que me respondedes? Un instrumento que serve para "afiar" o "lapis". E se vos pregunto que é un "quitamanchas"? Seguro que dicides que é un líquido que serve para "quitar" as "manchas".

Pois ben, as palabras compostas nacen da unión de dúas palabras. Podedes velo neste vídeo:

https://www.youtube.com/watch?v=5P3yJjis7e0

Mañá imos ver o mesmo en LC.

Abride o PDF e tendes 3 actividades moi sinxelas relacionadas coas palabras compostas.

 

Ánimo!!!

Último esforzo!

O profe Adrián.

 

AdxuntoTamaño
CN.pdf549.36 KB
LG.pdf293.69 KB


page | by Dr. Radut