Skip to Content

Recursos Departamento de Orientación

Aviso importante

Coronavirus - Aula virtual de 3º

Saúdos, familias de 3º!

A partires do luns este espazo servirá como repositorio de contidos e tarefas para dar continuidade ao proceso de ensino e aprendizaxe (na medida do posible) desde as vosas casas.

Para estes primeiros momentos xa levaban traballo abondo: unha descrición dun lugar, un cadro de ortografía, unha ficha de problemas de matemáticas e un par de fichas de repaso do tema 8 de LC e LG.

Estamos en contacto.

O profe Adrián.

INFORMACIÓN CORONAVIRUS

Admisión alumnado 2020/2021

 

A continuación preséntanse os postos escolares ofertados e os prazos de presentación de solicitudes de admisión para o curso 2020/2021:

 

Xornada de portas abertas

Xa temos Facebook do CEIP Barrantes !!

Bo día, hoxe queremos informarvos da recente creación dunha páxina de Facebook  asociada o noso centro educativo, deseñada coa finalidade de difundir as actividades e eventos que se levan a cabo na escola cara o resto dos membros da comunidade educativa.

O nome da páxina de Facebook é “Ceip Barrantes”, e podédela atopar no seguinte enlace:  https://www.facebook.com/CEIP-Barrantes-108518864022147/

 

 

CEIP Barrantes deséxavos un BO NADAL !

Hoxe celebramos no cole a festa de Nadal; este ano coa axuda das familias realizáronse diferentes talleres de manualidades típicas destas datas, ademáis dun obradoiro solidario no que as elaboracións serán destinadas a asociación SOS Tomiño. Ao rematar, tivemos un mercadillo e unha gran chocolatada conxunta.

No seguinte enlace tendes un vídeo que recolle as actividades:

https://falamosbarrantes.blogspot.com/2019/12/un-nadal-solidario.html

Moitas grazas a tod@s por facelo posible e unha vez máis... BO NADAL! Disfrutade e vémonos á volta :)

25 N - Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Onte quixemos contribuír na conmemoración desta data tan sinalada no centro, aportando o noso granito de area nunha protesta que debemos manter presente os 365 días do ano. Dende a comunidade educativa reivindicamos que a educación neste senso é a ferramenta, sen dúbida, máis eficaz. Construímos de forma conxunta unha margarida simbólica na que cada nivel educativo colaborou cun pétalo e unha mensaxe clara: 

NIN UNHA MÁIS! 

DÍA DA PAZ

 
O día 30 de xaneiro celebramos no CEIP DE BARRANTES o DÍA DA PAZ.
 
AQUÍ VOS DEIXAMOS ESTE FERMOSO VÍDEO!
 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut