Skip to Content

Animación á lectura

Facendo brillar ós contos clásicos

Bueno familias aquí vos deixo a carta que xa levaron os vosos fillos e fillas,xa queda menos para ver as vosas obras de arte feitas en familia e tamén queda pouco para facer entre todos os cursos do cole esa obra creativa de COOPERARTE inspirada nos contos clásicos...ummmm que sairá entre todos? unha fermosura de obra artistica e cooperativa porque as facemos con moito amor e cariño

 

!!!

 

IMOS REMATANDO OS PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS

Que peniña xa imos rematar os padriños e madriñas lectoras!! Esta vez tocounos contarlle un conto a cada neno e nena da clase.Fumos coller na biblioteca os libros para contar nas clase dos peques e que bonitos son!!!Son libros máxicos que falan,cantan... e os peques que atentos estaban...mirade!

http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d19685792k4979241o1l1/fin-padrios

Rematamos padriños e madriñas lectoras!

Xa rematamos,que mágoa!

Foi un tempo moi especial o dos padriños e madriñas lectoras,subimos ó piso dos maiores,baixamos ó mundo dos peques,contamos historias,cantamos contos...con Luz e sen Luz porque coas sombras adiviñamos a que sabe a lúa,como se agochaba carapuchiña...

Contamos mil historias en galego,en inglés, en castelán...porque o idioma únenos no mundo das ilusións.

Rematamos por agora pero Paulino inda ten moitas cousiñas preparadas para que fagamos que brile a nosa biblioteca.

Aqui vos deixo un montonciño de fermosas fotografías...gracias rapaces pola vosa ilusión!!!

http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d19209501k9741568o1l1/padrios-2

MOCHILAS CIENTÍFICAS

Este curso  queremosvos ANIMAR a unha lectura moi especial cos vosos fillos e fillas, queremos axudar a pensar, a reflexioar os por qués, a ter un espirítu crítico e científico...por iso animamos a compartir momentos de experimantación,de preguntas,de respostas...

E queremos que disfrutedes con eles e que os axudedes a buscar, a escribir... a compartir!!

Cada momento compartido cos nosos fillos e fillas marcarán unha experiencia de amor e felicidade...GRACIAS!

Aquí vos deixo unhas fotos moi chulas,mirade mirade!!

 

http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d18222053k1052684o1l1/mochilas

 

Distribuir contido


by Dr. Radut