Skip to Content

Animación á lectura

Mochilas viaxeiras

Como en anos anteriores, neste mes de febreiro iniciamos a actividade das Mochilas Viaxeiras.

 

LEDICIA COSTAS: Club de lectura 5º/6º

Moitas gracias Ledicia Costas por compartir momentos entrañables con nós.

Compartindo poesía

Co gallo das letras galegas no cole celebramos un estupendo concurso poético onde todos e todas colaboramos de xeitos distintos...o alumnado creando obras fantásticas,o profesorado animando a participar  e rematamos cunha estupenda celebración conxunta...

Lendo aos peque!

E xa para rematar as madriña e padriños imos ler ós peques do cole.

http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d267930307kP939946046o1l1/-

Lectura, lendo en compañía

No mes de abril os padriños e madriñas lectoras estamos de moda. No noso cole faise unha selección libre dos libros que imos ler e dos libros que queremos que nos lean e despois de xeito máxico Paulino organízanos os turnos de lectura.

A lectura é emocionante, pero non  saber quen vai ler o libro que escollín tamén forma parte da ilusión e logo non saber a quen le cada neno/a tamén é moi especial...polos corredores estase continuamente falando de libros, de lectura...

Noraboa a todos e todas os que nestes días adicachedes un anaco do voso tempo para preparar a lectura dun contiño aos vosos compis...foi estupendo ver que ben o pasábades escoitando e lendo, e agora queda aquí o enlace das imaxenes.

Tamén foron as aulas de infantil a contar aos compis máis peques.

GRACIAS "super LECTORES"

 

http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d267926980kP902579602o1l1/-

 

 

Mes das Novidades

Sempre presentamos as novidades que imos mercando na biblioteca pero no mes de abril intentamos "visualizar" máis todo o que vai acontecendo na biblio e o feliz que está Paulino coas Novidades tanto nos seus amigos os libros como nas novas incorporacións que van aparecendo dentro da biblioteca: libros de realidade aumentada, máquinas de fotos, as tablets, os esqueletes, as letras, as balanzas...todos e todas estamos incluidos na biblioteca, todos os saberes e as investigacións podes atopalas nun recuncho da biblioteca...

BIBLIOTECAS CREATIVAS para todos e todas!!!

 

http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d267919537kP861812676o1l1/-

Imos a ler: Madriñas e padriños

E como non pode faltar, chega o momento no que o alumnado neste mes vai escoitar e vai ler aqueles libros que foron elexidos e despois iremos a ler a clase dos peques...canta emoción!!!

Pero mirade que apretada está a axenda de lecturas e ademais temos unhas super entradas que nos din onde imos a escoitar e quen nos vai ler.

Día de Rosalía- Vivenciando a poesía.

E chega un día moi esperado no noso centro, o día de ROSALÍA... Deixamos as mulleres científicas no corredor de abaixo e no 1º andar esta a nosa Rosalía, unha gran muller referente na nosa cultura e nas nosas vidas.

https://www.youtube.com/watch?v=G4aqgM9rtoI

 

MADRIÑAS, PADRIÑOS lectores!!

Síiiii, por fin chegou a lectura sen presa pero sen pausa... viñeron con moita ledicia e gañas de desfrutar... as madriñas e padriños lectores. Primeiro foron os mestres e mestras  e logo as famiias, para rematar co alumnado.

 

 

E aquí deixamos un perqueno muestrario fotográfico.

http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d252623317kP792743309o1l1/madrias-19

Gracias FAMILIASSSSSS e mestres!!!!

 

E seguimos preguntando e investigando!

Dende  xaneirol ata agora non paramos de facer cousiñas na biblioteca, e o tempo vai pasando paseniño paseniño pero sen pausa.

Buscamos, investigamos, averiguamos....

 

Distribuir contido


by Dr. Radut