Skip to Content

1º Ciclo

EU SON ATLETA CONTRA O CORONAVIRUS

 Boas a todos os alumnos e alumnas do CEIP BAIÑAS:

 

Como sabedes estamos pasando por uns días complicados ,a cousa é tan importante QUE NON PODEMOS NIN IR AO COLE! 

 

Seguramente moitos dos vosos profesores e profesoras xa vos mandaron tarefas para facer na casa de matemáticas, lingua, inglés, relixión, etc… Pero… que pasa con educación física?

 

 Non vos preocupedes porque moi pronto volveremos á nosa vida de antes e poderemos volver gozar co deporte e exercicio físico como antes faciamos cos demais nenos e nenas.

 

Dende o CEIP DE BAIÑAS e incluído no PLAN PROXECTA, propoñémosvos a todos os nenos e nenas , un reto de 10 días, ao que chamaremos: #EuSonAtletaContraOVirus

 

Consiste en que cada día e durante 10 días seguidos realizaremos un reto nas nosas casas. Podemos facelo sós, coa axuda doutro neno ou nena ou dalgunha persoa adulta. Ademais dos retos diarios que debedes facer cada día propoñemos, a maiores, que cada quen poida inventar os seus propios xogos e exercicios motrices. Podedes mandarnos imaxes dos exercicios ao correo do centro; ceip.bainas@edu.xunta.es

Os retos diarios publicareinos no meu blog donde teredes que entrar ,ver o video e realizar o reto.

 

 

Blog: https://auladejosebainas.blogspot.com/

CORREO:jose.manuel.santos@edu.xunta.es  

PROPOSTA DE ACTIVIDADES DE REPASO PARA 1º E 2º DE PRIMARIA

Boas familias!

 

A continuación móstrovos o enlace ao blog de aula, onde irei colgando actividades para que o alumnado de primeiro e segundo de Educación Primaria vaia facendo nas súas casas, así como unha dirección de correo electrónico para poñerse en contacto comigo para resolver dúbidas que poidan xurdir.

 

Blog: https://auladejosebainas.blogspot.com/

CORREO:jose.manuel.santos@edu.xunta.es

 

 

Plan Proxecta Actividades varias 2016/2017

No plan Proxecta tamén fixemos diferentes saídas como as que podedes ver aquí. Algunhas delas foron ao museo do xoguete en Ponteceso, ao Galipark en Padrón...

Ademais durante os meses de outono organizamos xogos tradicionais nos que participamos todo o centro educativo.

Tamén realizamos ioga infantil, xogos populares, actividades de relaxación e actividades de expresión corporal co alumnado de Educación Infantil durante unha das horas de psicomotricidade.

Proxecta Andaina infantil-1ºprimaria

En relación ao programa Xogade o alumnado de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria realizamos unha andaina a pé ata a área recreativa do Val. Alí merendamos e xogamos!!

Distribuir contido


by Dr. Radut