Skip to Content

Ed. Infantil

LAND ART

 

Ola familias:

Unha das propostas voluntarias que vos enviamos fai uns días a través do correo electrónico era a de recoller algúns elementos naturais dos vosos xardíns ou hortas da casa tales como pedras, follas, flores, paus ou herbas.  Con eles  podíades crear algunhas letras como as do abecedario, o  seu nome, números...  e logo escribilos en papel. 

Tamén podían facer outro tipo de creacións artísticas con ese mesmo material (land art). 

Pois aquí deixamos un collage coas imaxes que nos enviastes.

 

 Moitas grazas pola vosa colaboración e un saúdo. 

 

 

Ioga en familia

Bos días familias: 
 
Hoxe traémosvos unha proposta de ioga para nenos e nenas baseado nun conto. Seguro que aos peques da casa lle vén xenial para relaxarse nestes días nos que non poden saír da casa.  Simplemente consiste en ver o vídeo e ir imitando os movementos que fan nel. Deixamos aquí o enlace: 

https://www.youtube.com/watch?v=MI1S5rM0ou0

 
Moitos ánimo e saúdos!  
 
                           A coordinadora de ciclo
 
(Xa enviado aos correos das familias)

Experimento sobre a importancia do xabón e conto coloreable

Estimadas familias:

 Deixámosvos un conto para colorear (podedes descargalo pinchando no título desta entrada) cunha medalla final para esas campeonas e campeóns! Tamén adxuntamos os pasos por se queredes realizar este experimento sobre a importancia do xabón cos vosos fillos e fillas. Ambos recursos son de aulasgalegas.org 
Se vos apetece podedes enviarnos imaxes da realización dese experimento a través do correo polo que vos estamos enviando este mesmo material. 
Como xa sabedes todas as actividades son voluntarias. Sabemos das dificultades destes días para conciliar polo que o máis importante é que vos atopedes todos ben.
 
Saúdos! 
                                   A coordinadora de ciclo
 
P.D.: Familias, isto tamén xa foi enviado aos vosos correos persoais. 
 

Conto sobre o coronavirus

       Ola!

    Déixamosvos adxunto un conto sobre o coronavirus para poder explicarlle mellor aos nenos e nenas de Educación Infantil por qué deben quedar na casa durante estes días. Este conto tamén xa foi enviado por correo electrónico. 

      Para velo, simplemente tedes que pinchar no título desta entrada de blog, onde pon "Conto sobre o coronavirus".

       Saúdos. 

                                                             A coordinadora de ciclo                                 

GRADUACIÓN 2019

Outro ano máis o 21 de xuño de 2019 tiveron lugar as graduacións do alumnado de 6º de Ed. Infantil e de 6º de Ed. Primaria.

Foi unha emotiva ceremonia para todos/as, especialmente para os/as alumnos/as e as súas titoras, ás que despediron con moito agarimo.

Dende o CEIP Baíñas, desexámoslles moito ánimo

ás/aos graduadas e graduados nas súas novas etapas de Ed. Primaria e na ESO.

 

                                                 

         Alumnado de 6º de Ed. Infantil e a súa mestra titora, Virginia.                Alumnado de 6º de Ed. primaria coa súa mestra titora, Josefina.

 

 

Moita sorte rapaces/as!!

OS Peixiños

Os peixiños 

Distribuir contido


by Dr. Radut