Skip to Content

Complementarias

OBRADOIROS DE OLERÍA DE BUÑO

O venres día 9 de maio, tivemos conosco a Aparicio, mestre oleiro de Buño, famosa localidade da Costa da Morte, por ser unha das vilas mais famosas que traballou sempre, e ainda traballa, este oficio artesán e trata de que non se perda.

Por este motivo tivemos uns obradoiros con el. Fixemos varias pezas de barro e ensinounos como debemos traballalo.

Xa tiñamos algunha experiencia posto que fai dous anos visitamos o Ecomuseo da Olería desa localidade.

E é que se de verdade queredes aprender...

Tendes que mancharvos de barro!!

   

SAÍDAS AO ENTORNO: CAOLÍNS DE VIMIANZO

Relacionado co noso proxecto de coñecemento da nosa contorna, o pasado xoves 30 de maio de 2024, visitamos por primeira vez, logo de moitos anos a industria mineira máis próxima ao noso Centro, xa que apenas está a catro kilómetros de distancia do noso Centro.

Fomos recibidos por Cecilia, a directora da mina e o seus compañeiros. Tamén nos agardaba Mónica, a alcaldesa de Vimianzo

Como vedes foi unha gran benvida!!

Pero o mellor estaba por vir. Primeiramente tivemos unha charla informativa sobre a mina, a extracción do caolín e os uso na industria ( na construcción, na cosmética,...). Seguidamente, puxemos o traxe de mineiro e visitamos a mina, onde observamos como extraían o mineral e o cargaban nos lagartos (camións). De volta ás instalacións fixemos manualidades con caolín e por último, como nos ensinaron, plantamos vinte árbores autóctonas para repoblar o monte que antes fora unha das canteiras onde se extraía o mineral. Pois quedounos claro que temos que ter un desenvolvemento sostible e explotar os recursos pero deixar logo o noso medio ambiente igual ou incluso mellor do que estaba.

Non queremos esquecernos de dar as grazas a Cecilia e a todo o personal encargado da explotación que nos atenderon de marabilla e ainda por riba viñemos cargados de agasallos!

Foi unha experiencia maravillosa, verdade que si?

  

 

 

ANIMACIÓN Á LECTURA: PASANDO A BÓLA, CONTOS PARA CAMBIAR.

O pasado 22 de maio, tivemos unha animación á lectura a cargo do Consorcio Galego, coa escritora e actriz Celtia Figueiras.

Para esta ocasión a temática trataba das relacións entre as persoas, o "bulling" e o "ciberacoso".

Aprendemos moito e gustounos un montón!

   

SURF NA NOSA CONTORNA

Para estrenar as saídas do mes de maio estrenámonos na praia de Arou facendo surf. E xa que tiñamos experiencia do curso pasado, esta vez saiunos a todos moito mellor!

Esta actividade estivo dirixida a Ed. Primaria e os cursos de 1º, 2º e 3º foron o luns día 7 de maio e os de 4º,5º e 6º curso foron o martes día 8.

Pero como saberedes, non só aprendemos surf, se non que aprendemos a respectar as nosas costas e recollemos lixo e peles, que por desgracia este ano chegaron a moreas!

Ademais, tamén aprendemos a escoitar o que o mar nos decía...e así aprender sobre as correntes, as mareas, cando son as mellores horas para facer surf ou saír ao mar. E por suposto a poñer o traxe de neopreno ou coidar as nosas táboas de surf.

Toda unha divertida experiencia de aprendizaxe!

SAÍDA A SOGAMA

Para coidar e protexer a nosa contorna non podiamos deixar de aprender como tratamos os residuos na planta de SOGAMA.

Por iso fixemos unha saída o pasado 24 de xaneiro

Foi unha moi boa experiencia coa que aprendemos moito e ademais dirvertídonos grazas a recursos tan xeniais coma as gafas de RV (Realidade virtual)

Unha pasada! Axudádesnos a coidar o medio ambiente?

 

 

 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 2022-23

O mércores 21 de xuño despedimos este curso indo de excursión de fin de curso preto de Silleda, ao parque Fervenza Aventura.

Onde o alumnado disfrutou de numerosas actividades lúdicas e deportivas.

Pasámolo xenial!

    

POR UN MEDIO AMBIENTE SOSTIBLE: LIMPEZA DE PRAIA EN CAMELLE

O mécores 15 de maio visitamos a localidade de Camelle, onde en colaboración con distintas asociacións da zona, procedemos á colaborar co medio ambiente coa limpeza da praia.

Foi unha actividade que nos quedara pendente de facer. Ademáis tamén aprobeitamos para visitar algúns museos da localidade coma o "Mar de Fábula", onde había pezas de arte feitas con materiais de refugallo, que aparecían na praia.

Tamén visitamos o museo do Naufraxio onde coñecemos historias de naufraxios que ocorreron na nosas costas.

Que gran labor fixemos!!

    

CORRELINGUA E EXCURSIÓN A CORUÑA

O venres 5 de maio fixemos unha saída á Coruña para participar no "CORRELINGUA", logo de facer unha andaina dende o Estadio de Riazor á Torre de Hércules, alí xuntamonos varios Centros de ensino de A Coruña e da provincia; onde reivindicamos falar e defender a nosa lingua, lemos varios manifestos, escoitamos tamén á alcaldesa da cidade, que facía entrega dos premios á mellor animación e á mellor "pancarta". Ao final rematamos cun concerto dunha agrupación que cantaba en galego.

Despois de facer unha pausa para xantar nun dos parques ao pé da Torre, fomos visitar a casa do peixes ao Aquario Finisterrae.

   

 

 

SURF EN AROU

A volta das vacacións de Semana Santa tivemos uns cursos de iniciación ao Surf para todo o alumnado do Centro, onde Gabi e David, da escola de Surf de Camariñas ensináronos a facer surf a todo o Centro alumnado e profesorado. Fixérono fenomenal e foi unha experiencia fantástica. Tomamos contacto coa natureza, ensináronos a coidar as nosas costas, e o mar. Tamén a ter seguridade á hora de facer este deporte.

Finalmente, convocamos ao "Deus" das ondas e a verdade é que nos fixo caso, viñeron e... pasámolo pipa!

   

Distribuir contido


by Dr. Radut