Skip to Content

Escolares

Coreografías Proxecta

Competecións Xogade

Proxecto Deportivo de Centro (Plan Proxecta)

 

O noso Proxecto Deportivo de Centro traballouse este curso baixo tres liñas de actuación:

  1. A)    Iniciativas para fomentar unha alimentación saudable.
  2. B)     Iniciativas para fomentar actividade física-deportiva.
  3. C)    Iniciativas para prevención de hábitos de vida nocivos e adquisición de hábitos saudables.

 

  1. A)    Iniciativas para fomentar unha alimentación saudable.

Fomentamos unha alimentación saudable por medio do programa Merendas Saudables desenvolvido durante os recreos, co Obradoiro de cociña, así como co traballo na horta escolar e a degustación de produtos de tempada. Tamén construímos un Supermercado para poder mercar produtos saudables e educarnos como bos consumidores/as.

 

 

  1. B)     Iniciativas para fomentar actividade física-deportiva.

Aínda que na clase de Educación Física (Primaria) e Psicomotricide (Ed. Infantil) aprendemos cousas moi divertidas, tamén fomentamos a actividade física no tempo de recreo coas Ligas deportivas e o empréstito de material de xogo, co aprendizaxe de novos deportes alternativos, a creación de Coreografías para as celebracións do cole e coas sesións de xogos populares.

 


  1. C)    Iniciativas para prevención de hábitos de vida nocivos e adquisición de hábitos saudables.

Traballamos a prevención de hábitos nocivos (sedentarismo, tabaquismo...) mediante adquisición de hábitos de vida saudables de forma lúdica (xogos populares, celebración de conmemoracións, saídas pedagóxicas, andainas,excursións, utilización do tempo de lecer para actividades lúdicas...)

 

 

Plan Proxecta: Xogos Deportivos en idade escolar (XOGADE)

Este curso, como parte do noso Proxecto Deportivo de Centro, os alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participamos nos Xogos deportivos Xogade, nas modalidades de Campo a través e Bádminton.

Puidemos experimentar os nervios da competición, pero tamén os valores do esforzo, o compañeirismo e o xogo limpo. Asemade, convivimos con nenos/as doutros centros da comarca. A experiencia foi moi gratificante e sobre todo, a diversión estivo asegurada.

Aquí deixámosvos unha pequena mostra do noso paso por estas competicións.

(Insertar vídeo XOGADE)

O ourizo de mar

Proxecto aliméntate ben

Distribuir contido


by Dr. Radut