Skip to Content

Animación á lectura

CONTACONTOS AMBIENTAIS: SEMANA DAS LETRAS

A segunda actividade de animación á lectura o luns 15 de maio. foi a cargo dunha contacontos en galego pola semana das Letras Galegas. Ademáis traballamos ao autor homenaxeado: Francico Fernández del Riego, a nivel aula, onde realizamos actividades propostas na web do Seminario Galán.

    

V CERTAME LITERARIO DE RELATO CURTO

Hola a todo o alumnado!

Queda convocado o V concurso literario de relato curto 2019!

Podes ler as bases da convocatoria no documento adxunto, e... Anímate a participar!!

 

O EQUIPO DE BIBLIOTECA DO CEIP BAÍÑAS

IV CERTAME LITERARIO DE RELATO CURTO

Con este curso 2017-18, xa chegamos á IV edición do concurso literario de relato curto. Nesta ocasión tratábase de realizar unha descripción dun monumento ou sitio arqueolóxico, e tamén de engadir algunha lenda que se soupera do sitio en cuestión. 

Repartíronse uns agasallos aosparticipantes e un diploma e un premio ás tres gañadoras que foron as seguintes:

 

Terceiro premio: Ruth Muíño Gerpe 6ºEP                       Primero premio: Ana Lema Iglesias 5ºEP              Segundo premio: Alba Grille Louro 4º EP 

            "O dolmen de Dombate"                                                      "O meu cabazo"                                    "Os grandes guerreiros do monte Pindo" 

     

 

 

                Norabóa a todos os participantes!

 

Mª VICTORIA MORENO: LETRAS GALEGAS 2018

Celebramos o día das Letras Galegas no Centro. Este ano adicado á escritora e profesora Mª Victoria Moreno. A cal donou toda a súa biblioteca ao instituto onde impartía clase.

Lemos e escenificamos algúns dos seus numerosos libros e relatos que ten de literatura infantil e xuvenil: Contos en cantos, O cataventos... ademáis de falar da súa biografía, e obra. Coma sempre ao son das gaitas de Íker e Xoel de 6º de primaria, cantamos o Himno Galego. Decir, tamén que na guía de lectura deste verán recomendamos algunhas das súas obras que traballamos no colexio. Sempre conosco Mª Victoria, e grazas polos teus libros e a defensa da nosa lingua!

RENOVAMOS MOBILIARIO NA BIBLIOTECA DE BAÍÑAS

Neste curso poidemos renovar o mobiliario da biblioteca grazas a nosa incorporación dentro do PLAMBE (Plan de mellora das bibliotecas escolares). Este logro non foi obra só dos alumnos e profesorado, senon tamén das familias que colaboran co Centro, e coa axuda de parte do Concello de Vimianzo. 

Renovamos o mobiliario das seguintes zonas: Zona de préstamo e atención de usuarios, zona de informática e audiovisuais, zona de lectura informal e estanterías novas para as seccións de ed. infantil, cómic, poesía e teatro.

Non podo ter máis que palabras de agradecemento ao bó labor que no eido das bibliotecas escolares de Galicia se está a desempeñar, nestes últimos anos por parte da Consellería de Educación e concretamente a través da Asesoría de Bibliotecas Escolares. Moitísimas GRAZAS!

SESIÓN DE CONTACONTOS CON CELTIA FIGUEIRAS

Na semana do Libro contamos con Cetlia Figueiras e os seus "grandiosos libros":

EXPOSICIÓNS E CONMEMORACIÓNS (RECOMENDACIÓNS LECTORAS)

Exposicións e recomendacións lectoras curso 2017/18

Pincha AQUÍ

Distribuir contido


by Dr. Radut