Skip to Content

Oferta educativa

Oferta educativa curso 24-25

Publícase a relación de postos escolares vacantes por niveis para o próximo curso escolar 2024-2025.

Oferta Educativa

Segundo Ciclo de Educación Infantil:
No noso centro dispoñemos dunha aula para cada unha das idades: 3, 4 e 5 anos. O alumnado deste ciclo, ademáis da titora especialista en Educación Infantil, contan cunha profesora de apoio ao ciclo (igualmente especialista). Contan tamén, coa colaboración doutros profesores que imparten as especialidades de Filoloxía Inglesa, Música, Ed. Física e Relixión.

Educación Primaria:
Impartimos os 6 cursos do Ensino Primario. Cada grupo, ademáis do seu titor ou titora, recibe docencia de profesores especialistas nas distintas áreas: Ed. Física, Música, Inglés e Relixión.

Atención á diversidade:
Para o apoio especializado do alumnado que presenta necesidade específica de apoio educativo, contamos cun Departamento de orientación formado por:
                          - Orientadora Escolar
                          - Profesora de Audición e Linguaxe
                          - Profesora de Pedagoxía Terapéutica

Sección Bilingüe:

Nun curso da educación primaria, impártese a Eduación Plástica en Lingua Inglesa, o que supón un reforzo para o alumnado nesta lingua. 

Distribuir contido


     

  

by Dr. Radut