Skip to Content

Campamento de verán

Xa estamos pensando no verán!! Para facer posible a conciliación da vida familiar e laboral, dende a ANPA, organizamos campamento de verán no cole.

Este ano engadimos unha hora de inglés lúdico todos os días, ademais de melloras na forma de pago. Inscríbete antes do 24 de maio e goza dun desconto dun 10% e descontos para irmáns.

Contacontos Luísa Villalta

BECAS NEAE

O Ministerio de Educación ven de publicar a resolución pola que se convocan as axudas para alumnos con Necesidade Específica de Apoio Educativo para o curso académico 2024- 2025.

O prazo para solicitar as axudas  empeza o 30 de abril e remata o 13 de setembro.

Como en cursos anteriores deberá facerse de forma telemática na dirección:   www.educacionyfp.gob.es ou a través da dirección https://sede.educacion.gob.es

 

Poderán ser beneficiarios das axudas o alumnado que presenta:

-  Necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade (de máis de 25%),  trastorno grave de conducta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe.

-  O  alumnado con Trastorno do Espectro do Autismo.

-  O alumnado con Altas Capacidades Intelectuais.

Poden consultar a resolución no seguinte documento.

 

Concurso de carteis de reciclaxe

Seguindo a nosa liña de traballo coa reciclaxe e participando no programa de Recíclate con Sogama, poñemos en marcha un concurso de carteis que teñan de temática a reciclaxe. Na seguinte imaxe podedes ver as bases do concurso. Tedes ata o día 19 de marzo!

Oferta educativa curso 24-25

Publícase a relación de postos escolares vacantes por niveis para o próximo curso escolar 2024-2025.

Distribuir contido


     

  

by Dr. Radut