Novas do centro

PROMOCIÓN DA SAÚDE BUCODENTAL

16/03/2018 10:00
Europe/Madrid

Alumnado de Educación Infantil

Partindo da premisa de que a maioría dos hábitos creanse nas primeiras etapas da vida, e que a escola é un contexto favorable para a formación integral da poboación infantil, cremos que é importante desenvolver programas de educación buco dental para manter unha boa saúde oral.


OBXECTIVOS

  • Conseguir que os alumnos coñezan a importancia de conservar e manter unha adecuada hixiene oral, ademáis de fomentar hábitos que, aplicados desde a infancia podan evitar enfermedades bucodentales posteriores.
  • Realizar un correcto cepillado dos dentes
  • Identificar as principales partes da boca e seu utilidade
  • Descubrir os principais amigos  inimigos da sáúde bucodental
  • Recoñecer e evitar os alimentos carioxénicos
  • Recoñocer que o fluor aumenta a resistencia do esmalte bucodental
  • Recoñecer ao dentista como o profesional que coida da saúde bucodental

máis info

ENCONTROS CO AUTOR

09/03/2018 09:30
Europe/Madrid

A actividade consiste na dotación, por parte da Concellería de Educación, dos libros seleccionados para este curso, para a súa lectura na aula e logo teremos o encontro co autor do título lido.
É requisito imprescindible participar nas dúas partes da actividade: a dotación de libros farase co compromiso do profesorado para acudir no día do encontro co autor (que se levará a cabo fora do centro escolar).

Obxectivos

• Poñer en contacto directo aos escolares cos escritores  e ilustradores.
• Dar a coñecer de preto o traballo dun escritor e ilustrador.

Destinatarios/as
Alumnos e alumnas de 5.º curso de Educación Primaria.

Periodización

Os libros serán entregados en decembro e o encontro co autor será a finais de xaneiro.

Achegas da concellería
• Un exemplar do libro escollido a cada alumno/a.

máis info

APOIO EDUCATIVO PARA ALUMNOS CON DANO NEUROLÓXICO

No adxunto hai información que pode ser de interese para algún membro da comunidade educativa

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

27/02/2018 16:30
27/02/2018 18:00
Europe/Madrid

27 de febreiro de 2018 ás 16:30 horas, charla informativa para as familias que están interesadas en matricular os seus fillos/as no noso centro no curso 2018/2019 co seguinte programa:

- Visita ás instalacións do centro.

- Información sobre as ensinanzas e servizos do centro e da ANPA.

- Información sobre o proceso de admisión.

- Aclaración de dúbidas

PROCESO DE ESCOLARIZACIÓN 2018/2019

 

HORARIO DE SECRETARÍA PARA PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN

 

SECRETARIA

LUNS

11:00 - 11:50

MARTES

9:00 - 11:00

MÉRCORES

9:00 - 10:00

XOVES

 

VENRES

12:20 - 13:10

 

Poden consultar toda a información relativa o proceso de admisión de alumnado no seguinte enderezo:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/PaxinaInicio.action

 

Prazos

 

Reserva de praza nos centros adscritos (IES As Lagoas)    

do 1 ó 15 /02 (aa.ii.)

Publicación de normativa e prazas.

28/02

Proceso de admisión                                                                

do 1 ó 20 /03 (aa.ii.)

Prazo entrega de documentación (só centros que bareman)

o 23/03 e do 03/04 ó 13/04

Exposición de listado provisional de admitidos e non admitidos

 24/04

Prazo de reclamación

 do 25/04 ó 2/05 (aa.ii.)

Exposición de listas definitivas de admitidos e non admitidos

 14/05

Período de matrícula

 

Matrícula en E.I. e E.P.

20 ó 30 /06

 

LEXISLACIÓN ESCOLARIZACIÓN  DECRETO 254/2012  ORDE do 12 de marzo de 2013
Letra desempate puntuación ORDE de 25 de xaneiro de 2017

 

AVISO IMPORTANTE ÁREA DE INFLUENCIA
BAREMO PREVISIÓN DE PRAZAS
Impreso Reserva centro adscrito (IES As Lagoas) ED550A  GALEGO   CASTELÁN
Impreso solicitude admisión ED550B   Galego      Castelán

 

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS  LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS

 

 

XOVES DE COMPADRES

01/02/2018 11:30
Europe/Madrid

O alumnado de 3º e 4º de primaria participa nesta actividade.

As "Loitas" na praza maior serán o día de compadres (1 de Febreiro) ás 11:30.

Descrión da actividade:

Obradoiros de confección de mecos nos centros de ensino impartidos por persoal especializado e posterior actividade na Praza Maior (Celebración do Xoves de compadres e comadres)

Durante as semanas previas ao entroido, monitores especializados desprazaranse aos centros que solicitaron esta actividade a través da páxina web e levarán o material necesario para confeccionar os mecos de compadres e as comadres.

Os días 1 e 8 de febreiro ás 11.30h levarase a cabo as loitas que son a segunda parte desta actividade na Praza Maior.

máis info

 

DESFILE DE CARNAVAL

09/02/2018 12:00
09/02/2018 13:30
Europe/Madrid

 

Carnaval

 

Como cada ano, seguimos mantendo a tradición e facemos un desfile de entroido polas rúas de Ourense para celebrar esta importantísima festa na nosa provincia.

 

O desfile será o venres día 9 de febreiro, a saída está prevista para as 12:00 da mañá e o regreso sobre as 13:30. A actividade pode ser cambiada de data ou suspendida en caso de mal tempo.

MASCARA

Faremos o recorrido de todos os anos (ver mapa do recorrido) con parada nas escaleiras da catedral para facer a foto de grupo.

 

Ó rematar TODOS OS NENOS E NENAS entrarán no cole, a saída será á hora de sempre.

 

Pedimos a vosa colaboración para que todo funcione correctamente:

  • Desfilan os nenos/as, non os pais/nais, se ides collidos da man dos vosos fillos/as dificultades a nosa labor de control das filas e dos grupos.
  • Podedes acompañar o desfile pero non ocupar o espazo destinado ós nenos/nenas.
  • Tanto na saída como nas escaleiras da catedral faremos "sesión fotográfica" pero poremos unha cinta que non se deberá traspasar para poder facer fotos de grupo sen molestarnos uns a outros.
  • O respecto por estas normas favorecerá o bo desenrolo da actividade e que se repita no tempo.

 

AGRADECEMOS MOITO A VOSA COLABORACIÓN

CAMIÑO A SECUNDARIA

23/01/2018
30/01/2018
Europe/Madrid

O 1 de febreiro empeza o procedemento ordinario de matrícula para os alumnos/as que cursarán 1º da ESO no vindeiro curso, por este motivo fanse no centro varias actividades.

A primeira parte do procedemento é a reserva de praza no centro adscrito, no noso caso o IES As Lagoas, que se pode facer desde o 1 de febreiro ó 15 de febreiro, ámbolos dous incluídos (tende en conta que os días 12,13 e 14 non son lectivos en educación). A reserva de praza no centro adscrito é voluntaria e supón prioridade neste centro, pero se escolledes un centro distinto o IES As Lagoas para continuar os estudos, non debedes facer esta reserva.

 

Mércores 24 de xaneiro de 2018

Visita o IES As Lagoas por parte do alumnado de 6º de educación primaria para coñecer de primeira man ó director do instituto, as instalacións e algunhas pistas e consellos para empezar ben a etapa de secundaria.

 

Martes 30 de xaneiro de 2018

Charla informativa sobre o procedemento de escolarización para o cambio de Etapa de primaria a secundaria. Todas as familias interesadas neste proceso están convocadas para o martes 30 de xaneiro ás 17 horas na aula de 6º de primaria (aula 10).

A charla será impartida polo director e terá dúas partes

- Aspectos xerais do procedemento de escolarización en 1º da ESO.

- Aclaración de dúbidas.

REPARTICIÓN DE FROITA FRESCA

15/01/2018
26/01/2018
Europe/Madrid

 

Este ano volvemos a participar no plan de consumo de froita fresca nas escolas. Esta campaña consiste na distribución entre o alumnado de froita fresca para fomentar hábitos de vida saudables.

Os períodos de repartición da froita serán os seguintes:

PERÍODO DATA DE INICIO DATA DE FIN DÍAS LECTIVOS

FROITAS

1 15/01/2018 26/01/2018 10

PLÁTANO - MANDARINA - PERA - LARANXA - PLÁTANO

UVAS - PERAS - MANDARINAS - MAZÁS - PLÁTANO

2  9/04/2018 20/04/2018
10

?

?

Recomendamos que nestas datas o alumnado non traia comida da casa posto que nós lle daremos unha peza de froita para comer no recreo.

Powered by Drupal - Design by artinet