Novas do centro

Visita ó Arquivo Histórico Provincial de Ourense

10/05/2018
Europe/Madrid

 

MES DE MAIO

XOVES 10: 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

MARTES 22: 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

máis info

Sonoro Empeño

03/05/2018 08:13
Europe/Madrid

MES DE MAIO, na sala de exposicións de Afundación Ourense (Praza Maior de Ourense)

XOVES 3: 4º E 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

MARTES 29: 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

MÉRCORES 30: 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Visita «Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación», unha mostra que pretende ilustrar as confluencias entre música e artes plásticas a través dunha selección de obras de artistas como Menchu Lamas, Eva Carrera, Luís Caruncho, Luís Seoane, Elena Gago, Laxeiro, Carlos Maño ou Xaime Quesada, entre outros.

máis info

Prevención acoso escolar

04/05/2018
Europe/Madrid

 

 

Alumnado de primaria, venres día 3 de maio.

Taller organizado por "Cruz Roja" para a prevención do acoso escolar.

máis info

Visita a San Cibrao de Las

03/05/2018 09:15
03/05/2018 14:00
Europe/Madrid

Alumnado de 4º de Educación Primaria.

Actividade prevista para o mércores día 2 de maio, finalmente será realizada o xoves día 3 por mor das predicións de chuvia para o día 2.

Esta excursión ten dúas partes, unha visita ó castro de San Cibrao de Las e ó seu centro de interpretación e un taller na que o noso alumnado converterase en arqeuólogos.

máis info

ACTIVIDADE DÍA DO LIBRO

23/04/2018 11:00
Europe/Madrid

O LUNS 23 de abril é o día do libro e o concello organiza unha actividade dirixida ó alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil nos Xardíns de Padre Feijoo para conmemorar este día.

máis info

CONTACONTOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

27/04/2018
Europe/Madrid

27 abril para o alumnado de educación infantil.

Da man da editorial SM os nenos e nenas de infantil asistirán a actuación de Nati Natillas, actriz e contacontos.

LEONARDO E OS FONTANEIROS

18/04/2018
Europe/Madrid

Alumnado de 5º e 6º de educación primaria, o mércores 18 no Liceo

“Ubú Teatro, tras adaptar o pasado ano A galiña azul de Carlos Casares, volven levar aos escenarios da man de Galaxia unha obra da figura á que a Real Academia Galega lle dedica o 17 de maio. Desta volta será a historia do can Leonardo, Antón e os seus compañeiros de curso, os fontaneiros, galardoada en 1985 co 3º Premio Barco de Vapor."

máis info

AQUALOXIA

13/04/2018 10:00
Europe/Madrid

Alumnado de 3º de educación primaria, venres 13 de abril no propio centro

Da man das personaxes de Aqualoxía, un monitor/a iniciará ao alumnado no coñecemento da auga da nosa cidade mediante recursos educativos dixitais e interactivos.

O alumnado realizará actividades prácticas onde son parte activa no desenvolvemento dun conto, xogan a descubrir o consumo da auga, descobren a rede de transporte de augas, practican a xestión da auga dunha cidade, ou reflexionan sobre cómo evitar que se manche a auga, experimentando técnicas de laboratorio para analizar e limpar a auga.

 

máis info

MEDIO AMBIENTE E PREVENCIÓN DE INCENDIOS

20/03/2018 10:00
Europe/Madrid

APRAZADA POLO MAL TEMPO  (NOVA DATA: 20/03/2018)

 

Alumnado de 3º e 6º de primaria.

Charla informativa sobre o respecto ó medio ambiente e prevención de incendios a cargo de axentes forestais de medio rural. Despois faremos unha visita ás instalacións do punto de vixiancia antiincendios e da base do helicóptero sitos no monte do Castro de Trelle.

PROMOCIÓN DA SAÚDE BUCODENTAL

16/03/2018 10:00
Europe/Madrid

Alumnado de Educación Infantil

Partindo da premisa de que a maioría dos hábitos creanse nas primeiras etapas da vida, e que a escola é un contexto favorable para a formación integral da poboación infantil, cremos que é importante desenvolver programas de educación buco dental para manter unha boa saúde oral.


OBXECTIVOS

  • Conseguir que os alumnos coñezan a importancia de conservar e manter unha adecuada hixiene oral, ademáis de fomentar hábitos que, aplicados desde a infancia podan evitar enfermedades bucodentales posteriores.
  • Realizar un correcto cepillado dos dentes
  • Identificar as principales partes da boca e seu utilidade
  • Descubrir os principais amigos  inimigos da sáúde bucodental
  • Recoñecer e evitar os alimentos carioxénicos
  • Recoñocer que o fluor aumenta a resistencia do esmalte bucodental
  • Recoñecer ao dentista como o profesional que coida da saúde bucodental

máis info

Powered by Drupal - Design by artinet