OS MAIOS EN OURENSE.

Este ano volvemos a participar nos maios de Ourense cun maio infantil feito por todo o alumnado do centro e coas coplas infantís elaboradas polo alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, ademais contamos coa colaboración imprescindible das nais e pais membros da ANPA "Pía da Casca" quen elaborou un maio enxebre, conseguiu publicidade para subvencionar a impresión das coplas e levou e defendeu os maios e as coplas, tanto da ANPA como dos nenos e nenas do centro. Vaia por diante o noso máis sincero agradecemento por todo este traballo.

OBRA DE TEATRO 6º EP

 

Un ano máis as coplas realizadas polo noso alumnado foron premiadas como as mellores coplas infantís dos maios de Ourense. Parabéns artistas!!

Coplas Infantís do CEIP As Mercedes

 

 OS MAIOS EN OURENSE

Como moitos pobos e civilizacións festexaron o final do escuro e frío inverno e a chegada da vivificante e ubérrima primavera, Ourense, fachendosa das súas tradicións, celebra cada ano, a primeiros de maio, esta explosión de natureza, cores e vida que trae a primavera. E que mellor festexo para dar a benvida á nova estación do ano que a construción destas figuras artísticas ou tradicionais que son "os maios"?

Ademais dos "maios" a festa aderézase cunhas coplas poéticas, as "Coplas dos Maios", de orixe popular e creadas precisamente cada ano para esta festa, na que os autores recitan en público unha crítica poética aos acontecementos ou personaxes da vida pública ou privada da cidade de Ourense. Nas coplas dos maios pasa como no Entroido: todo vale  e crítica e burla vertidas téñense que aceptar polos destinatarios sen rechistar.

Ademais, e como colofón de festa, hai un concurso de maios e coplas no que , cada ano, se proclama un vencedor.

Resultado de imagen de os maios ourense 2018Resultado de imagen de os maios ourense 2018Resultado de imagen de os maios ourense 2018Resultado de imagen de os maios ourense 2018Resultado de imagen de os maios ourense 2018

AdxuntoTamaño
OS MAIOS en Ourense.pptx1.61 MB

Powered by Drupal - Design by artinet