Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Abril 28, 2017
Charla de Primeiros Auxilios impartida na aula do centro por persoal especializado.
Para os alumnos de 6º de EP que participan de forma activa, facendo distintos tipos de prácticas de socorrismo.
Venres Maio 05, 2017

VENRES 5 de maio, alumnos de 5º e 6º de EP. Visita á comisaría da Policía Nacional de Ourense.

Domingo Maio 07, 2017
Start: 07/05/2017 10:45
End: 07/05/2017 18:30

Este ano, a petición da ANPA, fixemos cos alumnos e alumnas do centro un maio con materiais de refugallo para participar nas festas dos maios do concello de Ourense.

 

Ademais os alumnos de 4º, 5º e 6º fixeron unhas coplas que están a vender estes días para xuntar cartos para a excursión de fin de curso que organiza a ANPA para o alumnado de 6º de primaria.

 

Se queredes participar da festa dos maios podedes vir ó centro sobre as 10:45 cando os membros da ANPA sairán co maio cara a rúa do Paseo onde tamén poderedes visitalo e cantar as coplas cos alumnos e familias que alí se encontren en horario de 11 a 18 horas aproximadamente.

 

Os alumnos que voluntariamente colaboran vendendo as coplas a 1€, poderán acudir tamén o domingo para vender as coplas e entregar os cuartos e as coplas sobrantes ós membros da ANPA.

 

Se algún non pode ir o domingo, pode entregar as coplas a alguén que llas acerque os membros da ANPA no seu nome para que non queden sen vender.

 

Os que non poidan ir o domingo deberán entregar os cuartos e as coplas o luns ó entrar no cole.

 

Luns Maio 08, 2017
Start: 08/05/2017 10:15

LUNS 8 de maio, os alumnos/as de 5º de EP visitan a casa do Concello, para coñecer como se desenvolve un Pleno, así como a historia do edificio, as súas dependencias e funcións.

Martes Maio 23, 2017

FONDO LIBROS:

LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS

LISTA DEFINITIVA DE EXCLUÍDOS

Esta semana (do 10 ó 14 de xullo) podedes pasar a recoller os cheques de material ou resolver dúbidas en horario de 10 a 13 horas.

 

 

PRAZOS FONDO DE LIBROS, AXUDA LIBROS E AXUDA MATERIAL

DATA
Presentación da solicitude para participar no fondo de libros, axuda libros e axuda material Ata o 23 xuño
Devolución dos libros de texto do fondo de libros en préstamo ou adquiridos co VALE de axuda libros (3º a 6º de educación primaria) Ata o 21 xuño
Publicación listaxe provisional de solicitudes admitidas e de solicitudes excluídas do FONDO DE LIBROS 10 xullo
As persoas interesadas poderán reclamar nos dous días seguintes á publicación da listaxe provisional 11 e 12 de xullo
Publicación listaxe definitiva de solicitudes admitidas e de solicitudes excluídas do FONDO DE LIBROS 14 xullo
Recollida do vale de AXUDA LIBROS e AXUDA MATERIAL do 3 ó 14 de xullo ou en setembro
Recollida dos libros en préstamo do FONDO DE LIBROS do 4 ó 8 de setembro

 

No DOG do día 22 de maio de 2017 pubícase a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

Convócanse axudas para os seguintes colectivos:

  • Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria; cursos en que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2016/17.
  • Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especia; así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira desta orde.
  • A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE

Para participar é importante ler a Orde do 16 de maio de 2017 para coñecer os dereitos e as obrigas das persoas beneficiarias.

Impreso de solicitude ED330B

As solicitudes presentaranse no centro educativo onde se vaian a realizar os estudos no curso 2017-2018 e o prazo de solicitude é desde o 23 de maio ata o 23 de xuño ámbolos dous incluídos.

 

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
        1.1. Alumnado de EP e ESO.


a) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2015, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

2º. Certificado ou volante de convivencia.

3º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

b) Certificado do grao de discapacidade de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
c) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
d) A incapacitación xudicial con patria potestade prorrogada ou rehabilitada acreditarase coa correspondente resolución xudicial.



1.2. Alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65 %: certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

1.3. Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia: copia da resolución administrativa ou xudicial xustificativa do acollemento ou do certificado do centro de menores.

  • Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado incluído no artigo 1.1. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa con que conviva en acollemento familiar.
  • A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2017/18, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso. Se están admitidos en centros docentes distintos, presentarse unha solicitude en cada un dos centros, na cal se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2017/18.
      • Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2017/18, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2016/17. Este centro rexistrará a solicitude de maneira que acredite a súa entrada en prazo e enviaraa ao centro de destino en que o alumno resulte admitido, que será o encargado da súa gravación e tramitación.
  • As solicitudes deberán presentarse presencialmente preferiblemente no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
      • Este formulario (anexo I) tamén estará dispoñible:

    a) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.es

    b) Nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de educación.

  • A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros de texto e o material reutilizable recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda para libros de texto.
  • A documentación complementaria presentarase de forma presencial, preferentemente no centro docente, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
  • Cando a documentación se presente no centro docente, achegaranse fotocopias e os respectivos orixinais, para que a persoa que a reciba verifique a súa autenticidade; cando se presente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a solicitude irá acompañada dos documentos orixinais ou copias cotexadas.
      • As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.
      • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
  • En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2015, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica

 

Start: 23/05/2017 12:00

MARTES 23 de maio

ALUMNOS/AS 5º e 6º EI

AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE

máis info

Venres Maio 26, 2017
Start: 26/05/2017 12:00

ALUMNOS/AS DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL E 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

VENRES 26 NO AUDITORIO

máis info

Powered by Drupal - Design by artinet