Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Febreiro 16, 2017
Start: 16/02/2017 11:30

Alumnos/as 2º e 4º de primaria

Obradoiros de confección de mecos nos centros de ensino impartidos por persoal especializado e posterior actividade na Praza Maior ( Celebración do Xoves de compadres e comadres)

Durante as semanas previas ao entroido, monitores especializados desprazaranse aos centros que solicitaron esta actividade a través da páxina web e levarán o material necesario para confeccionar os mecos de compadres e as comadres.

O día 16 de febreiro ás 11.30h levarase a cabo as loitas que son a segunda parte desta actividade na Praza Maior.

mais info

Venres Febreiro 24, 2017
Start: 24/02/2017 12:00
End: 24/02/2017 13:30

 

Carnaval

 

Como cada ano, seguimos mantendo a tradición e facemos un desfile de entroido polas rúas de Ourense para celebrar esta importantísima festa na nosa provincia.

 

O desfile será o venres día 24 de febreiro, a saída está prevista para as 12:00 da mañá e o regreso sobre as 13:30. A actividade pode ser cambiada de data ou suspendida en caso de mal tempo.

MASCARA

Faremos o recorrido de todos os anos con parada nas escaleiras da catedral para facer a foto de grupo.

 

Ó rematar TODOS OS NENOS E NENAS entrarán no cole, a saída será á hora de sempre.

 

Pedimos a vosa colaboración para que todo funcione correctamente:

  • Desfilan os nenos/as, non os pais/nais, se ides collidos da man dos vosos fillos/as dificultades a nosa labor de control das filas e dos grupos.
  • Podedes acompañar o desfile pero non ocupar o espazo destinado ós nenos/nenas.
  • Tanto na saída como nas escaleiras da catedral faremos "sesión fotográfica" pero poremos unha cinta que non se deberá traspasar para poder facer fotos de grupo sen molestarnos uns a outros.
  • O respecto por estas normas favorecerá o bo desenrolo da actividade e que se repita no tempo.

 

AGRADECEMOS MOITO A VOSA COLABORACIÓN

Martes Marzo 07, 2017
Start: 07/03/2017 16:30

O martes 7 de marzo ás 16:30 amosaremos o centro e informaremos sobre o proceso de escolarización ás persoas que estean interesadas en escolarizar os seus fillos/as no CEIP As Mercedes - Ourense para o curso 2017-2018.

Luns Marzo 13, 2017
Start: 13/03/2017 11:30

Luns 13 de marzo, alumnos de 1º e 2º de primaria.

 

Dentro da programación para Escolares Afundación, chega a Ourense Paxaro amigo. Músicas para a paz, de Mamá Cabra. Un espectáculo para 1º e 2º de Primaria inspirado no libro A bruxa Discordia, que nos anima a construír un mundo mellor e máis xusto. Estará no Auditorio Municipal o 13 e 14 de marzo.

Venres Marzo 17, 2017

 

Mércores 17 de marzo. Alumnos/as de 5º e 6º de Eduación Primaria.

 

Charla impartida pola POLICÍA NACIONAL sobre ACOSO ESCOLAR.

máis info

Powered by Drupal - Design by artinet