DESFILE ENTROIDO 2017

24/02/2017 12:00
24/02/2017 13:30
Europe/Madrid

 

Carnaval

 

Como cada ano, seguimos mantendo a tradición e facemos un desfile de entroido polas rúas de Ourense para celebrar esta importantísima festa na nosa provincia.

 

O desfile será o venres día 24 de febreiro, a saída está prevista para as 12:00 da mañá e o regreso sobre as 13:30. A actividade pode ser cambiada de data ou suspendida en caso de mal tempo.

MASCARA

Faremos o recorrido de todos os anos con parada nas escaleiras da catedral para facer a foto de grupo.

 

Ó rematar TODOS OS NENOS E NENAS entrarán no cole, a saída será á hora de sempre.

 

Pedimos a vosa colaboración para que todo funcione correctamente:

  • Desfilan os nenos/as, non os pais/nais, se ides collidos da man dos vosos fillos/as dificultades a nosa labor de control das filas e dos grupos.
  • Podedes acompañar o desfile pero non ocupar o espazo destinado ós nenos/nenas.
  • Tanto na saída como nas escaleiras da catedral faremos "sesión fotográfica" pero poremos unha cinta que non se deberá traspasar para poder facer fotos de grupo sen molestarnos uns a outros.
  • O respecto por estas normas favorecerá o bo desenrolo da actividade e que se repita no tempo.

 

AGRADECEMOS MOITO A VOSA COLABORACIÓN

Powered by Drupal - Design by artinet