blogue deadmin

Próximos eventos

TALLER IGUALDADE

O día 12 e 17, haberá un taller sobre igualdade que foi organizado coa colaboración do Concello de Ponteceso.

Clica aquí para saber máis.

TALLER NUTRICIÓN

O luns 10 de xuño teremos unha formación sobre nutrición a cargo de profesionais que traballan no centro de Saúde de Pontecso.

Recordade que para as famiilas será de 12:15 a 13:15.

XOGO "ABECEDARIO DEL DIABLO"

Estimadas familias,

Como xa informamos o pasado mércores ás familias do grupo de 5º -6º, detectaramos que varias alumnas viñan con lesións no reverso da man. Investigando, atopamos que trátase dun xogo de lesión autoconsentida de carácter viral. De feito, a continuación vos deixamos un enlace sobre unha noticia dun instituto de Asturias no que tamén se detectou:

https://www.lavanguardia.com/vida/20190409/461559683312/abecedario-del-diablo-juego-viral-peligroso-heridas-manos.html

Nós, pola nosa parte, concienciados da importancia de non deixar este tipo de condutas sen o tratamento a nivel persoal e social que merecen, xa iniciamos un traballo no centro levado a cabo pola persoa responsable de benestar en colaboración co resto do profesorado. A maiores fixemos a xestión de contratar a unha profesional que vai facer unha sesión de traballo co alumnado e tamén con aquelas familias que se queiran informar de primeira man sobre este tipo de situación. Ten por nome:"Cando deixa de ser un xogo".

-As datas son:

Martes 11 ás 10:15 - Familias (duración aprox 2h)

Mércores 12 - Alumnado de 5º e 6º de primaria.

-Actividade con:

Tamara R. Pereira (Educadora Social)

Abordaremos a importancia da xestión emocional e presión de grupo, a necesidade de cultivar a autoestima e como esta nos pode condicionar á hora de establecer límites e autocoidados, por exemplo, cos retos virales de tik tok.

Estas sesións realizaranse cunha abordaxe aberta e participativa, co discurso en construcción… pero, isto, que quere dicir? Pois que todas as persoas participantes serán cocreadoras da sesión, amosando dúbidas, inquedanzas e/ou preocupacións para poder marchar con ferramentas e confianza, entre outras!

 Está aberto a familias de calquera curso e idade.

Anímate a participar!

SAÍDA FIN DE CURSO

Este ano imos a Pobo Aventura.

https://poboaventura.com/

Trátase dunha empresa que ofrece actividades lúdicas ao aire libre con moito contacto coa natureza.

Para esta saída as indicacións son moi similares á de Santiago. Teñen que levar comida, bebida, merenda, gorra, roupa e calzado cómodo. Os máis pequenos, por se é preciso, muda.

Data: Mércores 5 de xuño

Horario:

    Saída da parada de Corme (igrexa) ás 9:00.

    Estancia en Teixeiro 10:40 a 17:00.

    Chegada ás paradas de Corme entre 18:45 e 19:15.

(intentaremos ir avisando polo camino a través de AbalarMobil).

O centro faise cargo de todo o gasto; transporte e entrada.

PROGRAMA AXUDA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL

Xa saiu o programa de axuda de adquisición de libros de texto e material escolar, así como a ter dereito ao fondo de libros no caso de 3º e 4º de primaria. Se clicades na imaxe poderedes acceder a moita máis información. Tamén podedes contactar co colexio no caso de que precisedes da nosa axuda.

AVALIACIÓN DIAGNÓTICO 4º EP

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4.º curso de educación primaria e 2.º curso de educación secundaria obrigatoria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril.

Pode atopar máis información no seguinte documento dirixido ás familias:

FORMACIÓN MES DE ABRIL

No vindeiro mes de abril imos estar cargados de formacións moi interesantes, tanto para o noso alumnado como para as súas familias.

- 2 de abril. Asociación VIEIROS; utilización de pantallas, adicións e ferramentas. Tamén para familias en horario de 16 a 17:30 horas. 

            Internet e redes sociais

            Teléfono móbil e smarphone

            Videoxogos

            Xogos de azar

            Como identificar o problema, cando debemos preocuparnos

            Pautas para unha boa saúde dixital, control parental

- 17 de abril. Obradoiro de compotaxe, só para o alumnado.

           Impartido por Andrés Silva Vázquez

-22 de abril. ARKHE. Taller en horario de 16 a 17:30 horas na que participan de xeito simultáneo as familias cos seus fillos/as. Sobre creatividade artística literaria.

            BASU-FAUNIA

            Obra insprirada no concepto dos Binomios Fantásticos (Giam Rodari) e a Teoría das pezas soltas ( Nicholson)

            Fomentar a lectura e a creatividade a través da unión das ideas que aparentemente non teñen relación para que surxa unha idea para un texto narrativo, unha historia.

            Imparte Alma Blanco Ferreiro

- 23 de abril. Stop Accidentes. Formación en educación vial. Moi interesante e importante para familias. O horario das familias de 16 a 17:30 horas.

            Trataremos os sistemas de retención infantil nos vehículos.

            O alumnado de 3º a 6º de primaria deberá traer a súa bicicleta para participar na parte práctica. 

- Con data por confirmar.  Temática sobre alimentación saudable e referencia ás merendas escolares.

            Formación a cargo da nutricionista do Centro de Saúde de Ponteceso Rocio Sánchez Canicoba.

En breve pasaremos un enlace online para que vos poidades apuntar a estas formacións.

PERÍODO DE ADMISIÓN

Clica para ver máis información

 

 Clica aquí para acceder ás novas do noso colexio.

 

Día Internacional da Educación

25 N

O pasado 25 de novembro dende o centro conmemoramos o día contra a violencia de xénero con diversas actividades dende as titorias

Un clic para el cole

Un clic para el cole

Información:

¡Ayudemos a nuestro centro educativo!

Visita la web http://bit.ly/unclicparaelcole y participa en la iniciativa de Amazon para apoyar a nuestros centros educativos de forma gratuita.

Amazon donará un porcentaje de tus compras en forma de crédito virtual que el centro podrá usar para solicitar los productos que necesita.

El éxito depende de tu participación y no cuesta nada. ¡Únete!

 

Como indica a información de AMAZON, teredes que atopar o colexio no buscador de centros. Podedes escribir "As Forcadas". así atopará a nosa escola. Como aparece para infantil e primaria, é mellor que escollades primaria.

Unha vez feito isto con iniciar sesión na conta de Amazon de cada un xa está listo.

Grazas pola vosa colaboración.

 

Se tendes algunha pregunta sobre isto podedes contactar coa dirección do centro.

881880929

ceip.asforcadas@edu.xunta.gal

Normas Biblioteca 2020/2021

No seguinte enlace podedes ver as normas de usa da biblioteca para o curso 2020/2021

HORARIO E MATERIAL

Aquí podedes atopar o horario deste curso 2020 - 2021 e o material escolar que imos precisar.

Concurso Costa da Mote

Vídeo Fin de Curso

Letras Galegas

Este ano as Letras Galegas 2020 se lle adican a figura do escritor Carvalho Calero.

Aínda que van ser unhas Letras Galegas un pouco estrañas, o coordinador do Equipo de Dinamización da Lingua Galega quérevos achegar un xogo que seguro vos vai gustar.

Trátase de escapar dunha casa pasando probas pero antes debedes descubrir onde están o libros de Carvalho Calero.

O xogo esta feito por Alba Carril Casanova do CPI de Vedra e Ana Sánchez Sanmartín do CEIP Arquitecto Casas Novoa.


 

Titorial para poder ter titorías por videoconfencia.

Segue estes pasos para poder ter titorías por videoconferencia. Esta aplicación foi proporcionada ao profesorado por parte da Xunta de Galicia.

  

Distribuir contido